Pois isto foi todo este verán.
Os nenos e nenas das diferentes semanas gozaron das actividades, das novas amizades, da auga, do sol e do entorno natural que temos en Galén ao tempo que aumentaron a súa comprensión e capacidade comunicativa en inglés.
Agradecemos unha vez máis ás familias que confiasedes en Galén Centro Educativo para o tempo de lecer deste verán dos vosos fillos e fillas e esperamos vervos o ano que vén.
este blog seguirá aberto todo o ano para que poidades ver o ben que o pasamos e en canto teñamos novidades de novas actividades e aventuras aquí o contaremos.
Un saúdo e apertas a todos os nenos e nenas do Urban English Camp 2013!!