Hoxe regresamos ao Urban English Camp con moitas ganas de saber que sorpresas nos agardaban e de reencontrarnos cos amiguiños e amiguiñas.
Comezamos o día vendo uns divertidísimos videos acerca dos "insects" e as súas características. Ademais de un video titulado "Herman the Worm" onde aprendimos a canción para este bechiño gracioso que acompañamos con xestos e baile especial de vermiño.
![4](https://c1.staticflickr.com/1/483/18895055148_991bdede04_z.jpg)
Con esta inspiración rematamos os "caterpillars" e os "insects" que onte empezamos e... xogamos con eles a facer carreiras! Foi divertidísimo.
Con dous terrarios fixemos os "layers" de terra usando "sand", "soil", "dry leaves"and "compost with WORMS"!! que ilusión nos fixo descubrir que no medio daquela terra que non ulía moi ben atopábanse moitos vermiños.
Primeiro xogos de relevos nos que entre todas e todos, e co traballo en equipo, tiñamos que conseguir trasvasar auga duns caldeiros a outros con esponxas sen perder moita auga polo camiño....
"so dificult" pero moi moi divertido.
Para finalizar estivemos xogando no "water slide" para rematar o día cansos pero moi contentos e contentas e con ganas de volver mañá a pasalo tan ben coma hoxe...ou mellor!!!
See you tomorrow