![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEim-4gZXPt0aTHgYCdBUwILizHxY-9kwNdfvn74jkplt63Gu9Ta7pjkk-jLkUyPar3449suE9wG_qDkxUld2mRqOOVtrAQztM-oDHzKiWMAJUjtlvwFGU9skiVgUTw3COraMd79fQQINcMX/s1600/CARTEL+URBANS+2015.jpg)
Como en anos anteriores organizamos os campamentos urbanos de verán. O inglès é a lingua das nosas actividades para o que contamos con monitores e monitoras bilingües.
Quendas 2015:
- 22 a 26 de
xuño.
- 29 xuño a 3
de xullo.
- 6 a 10 de
xullo.
- 13 a 17 de
xullo.
- 20 a 24 de
xullo.
Galén organiza
campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de verán, coa fin de
colaborar no desenvolvemento integral dos máis pequenos, tamén, durante os seus
momentos de ocio.
Cada verán
preparamos un programa de actividades moi divertidas, nas que os rapaces e
rapazas son os protagonistas activos das mesmas, e nas que se fan novas
amizades, mentres se comparten emocionantes experiencias de xogo e
descubrimento do contorno.
Galén está
situado nun contorno natural inmellorable, o que facilita o desenvolvemento de
actividades na natureza, deportivas e de investigación, como eixe vertebral dos
nosos campamentos urbanos.
Outra das
características dos nosos campamentos é a de contar co English Club, que durante
todo o ano favorece a integración do inglés de xeito lúdico e vivencial,
e que durante o tempo estival facilita a posibilidade de xogar e practicar
inglés gozando do tempo de lecer.
Entendemos a
necesidade dunha educación para o ocio e o tempo libre programada
e axeitada, que ofreza actividades enriquecedoras e posibilitadoras
de aprendizaxes culturais e sociais e que contribúa ao desenvolvemento integral
dos rapaces e rapazas, un punto de encontro para nenos e nenas entre 3 a 9
anos.
Os grupos de actividades
divídense por idades, o que permite un deseño específico das actividades
segundo os intereses e motivacións concretas de cada grupo.
Os educadores e
educadoras que están en contacto cos vosos fillos e fillas, contan con
titulación específica e gran experiencia dentro do ámbito educativo. Pero
é o equipo educativo do centro o que coordina e facilita cada unha das
actividades que se realizan dentro da nosa escola, no contorno ou durante as
diferentes saídas que se realizan.
O horario do
campamento é de 10:00 a 17:00, de luns a venres. Tamén contamos cun servizo de
ampliación horaria de 9:00 a 10:00, asistido por persoal educativo que recibe
aos nenos e nenas e promove actividades lúdico-afectivas ata o comezo das
actividades propias do campamento.
Temos
servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado, na medida do posible, ás
necesidades daqueles que o solicitan e asistidos por azafatas de Galén.
Como é sabido
Galén conta cun servizo de comedor con persoal e cociña propia. A
programación de menús equilibrados faise semanalmente pensando e
adaptándose ás necesidades das/os máis pequenas/os.
Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais para casos de alerxias
ou intolerancias.
Todo esto
permítenos:
- Ofertar un
tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que favoreza a satisfacción e goce
de cada un dos nenos/as que forman os grupos fomentando o seu desenvolvemento
integral, individual e social.
- Crear un
marco de pedagoxía activa que facilite a autonomía, o espíritu crítico-construtivo,
a relación cos outros e o respecto e coidado do contorno natural.
- Favorecer un
clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.
- Promover o
desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais e físicas. - Favorecer a
adquisición de actitudes de audacia, entusiasmo, afán de superación,
esforzo,...
- Promover o
traballo en equipo para acadar fins común.
-Facilitar a
conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.