Recordade traer roupa cómoda e fresquiña que vos faciliten os xogos e actividades tendo en conta que nos moveremos por un entorno natural con herba, árbores, terra..... Ademais cada día traede unha MOCHILA con chanclas, crema para o sol (moi importante), dous traxes de baño, toalla e gorra.
E...por que todos os días?? pois porque ademais do xoves que será o día de piscina os outros días, cando fai moita calor e sol, facemos xogos de auga, ximcanas acuáticas.....
Esta mochila, se non a precisades, quedará no campamento para o día seguinte se a roupa está seca. Cando estea mollada levarémola para casa e ao día seguinte volveremos a traela.
Deixámosvos aquí a rota do bus coas paradas e as horas aproximadas polas que pasaremos a recollervos, e tamén o menú da semana.
Esperámosvos o Luns!!! vide cargadiñas de enerxíaaaaa!!