Como en anos anteriores organizamos os campamentos urbanos de verán.
Este ano o inglès será a lingua das nosas actividades para o que
contamos con monitores e monitoras bilingües.
Quendas 2014:
- 23 a 27 de xuño.
- 30 xuño a 4 de xullo.
- 7 a 11 de xullo.
- 14 a 18 de xullo.
- 21 a 24 de xullo.
Galén organiza campamentos de verán para nenos e nenas
durante os meses de verán, coa fin de colaborar no desenvolvemento
integral dos máis pequenos, tamén, durante os seus momentos de ocio.
Cada verán preparamos un programa de actividades moi
divertidas, nas que os rapaces e rapazas son os protagonistas activos
das mesmas, e nas que se fan novas amizades, mentres se comparten
emocionantes experiencias de xogo e descubrimento do contorno.
Galén está situado nun contorno natural inmellorable, o que
facilita o desenvolvemento de actividades na natureza, deportivas e de
investigación, como eixe vertebral dos nosos campamentos urbanos.
Outra das características dos nosos campamentos é a de contar
co English Club, que durante todo o ano favorece a integración do
inglés de xeito lúdico e vivencial, e que durante o tempo estival
facilita a posibilidade de xogar e practicar inglés gozando do tempo de
lecer.
Entendemos a necesidade dunha educación para o ocio e o tempo
libre programada e axeitada, que ofreza actividades enriquecedoras e
posibilitadoras de aprendizaxes culturais e sociais e que contribúa ao
desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas, un punto de encontro
para nenos e nenas entre 3 a 9 anos.
Os grupos de actividades divídense por idades, o que permite
un deseño específico das actividades segundo os intereses e motivacións
concretas de cada grupo.
Os educadores e educadoras que están en contacto cos vosos
fillos e fillas, contan con titulación específica e gran experiencia
dentro do ámbito educativo. Pero é o equipo educativo do centro o que
coordina e facilita cada unha das actividades que se realizan dentro da
nosa escola, no contorno ou durante as diferentes saídas que se
realizan.
O horario do campamento é de 10:00 a 17:00, de luns a venres.
Tamén contamos cun servizo de ampliación horaria de 9:00 a 10:00,
asistido por persoal educativo que recibe aos nenos e nenas e promove
actividades lúdico-afectivas ata o comezo das actividades propias do
campamento.
Temos servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado,
na medida do posible, ás necesidades daqueles que o solicitan e
asistidos por azafatas de Galén.
Como é sabido Galén conta cun servizo de comedor con persoal
e cociña propia. A programación de menús equilibrados faise
semanalmente pensando e adaptándose ás necesidades das/os máis
pequenas/os. Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais
para casos de alerxias ou intolerancias.
Todo esto permítenos:
- Ofertar un tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que
favoreza a satisfacción e goce de cada un dos nenos/as que forman os
grupos fomentando o seu desenvolvemento integral, individual e social.
- Crear un marco de pedagoxía activa que facilite a
autonomía, o espíritu crítico-construtivo, a relación cos outros e o
respecto e coidado do contorno natural.
- Favorecer un clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.
- Promover o desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais
e físicas. - Favorecer a adquisición de actitudes de audacia,
entusiasmo, afán de superación, esforzo,...
- Promover o traballo en equipo para acadar fins común.
-Facilitar a conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.