O luns iniciamos a última semana de campamentos.
Despois de gozar coas actividades e das amizades destas anteriores semanas despedirémonos cun tema moi especial....the water!!! Imaxinade cantas posibilidades de xogos, experimentos e manualidades imos poder levar a cabo neses dias!!
Para poder facer todas as cousas divertidas ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol.
Deixámosvos aquí o menú de luns a venres e a rota do autobús
Moitas grazas por todo e gozade a tope con esta última semana.
Vémonos o luns!