Benvidos todos e todas á segunda semana do campamento urbán!!
De novo estamos aquí para compartir con vós, lectores e lectoras,
as aventuras e emocións que viviremos xuntos.
Recordade visitarnos cada día pois esto será como un diario.
E... chegamos ao espazo!
Foi entrar no campamento e ver todo o universo nunha parede. Esta
semana divertirémonos máis aló do noso planeta, pero antes coñecemos a todos os
nosos compañeiros e compañeiras con algún xogo no que diciamos o noso nome, o
que nos gusta, etc...
Despois de coller forzas co xantar de hoxe
chegou "an explorer with two astronauts" para
facernos pensar como queriamos adentrarnos ainda máis no espazo, así que decidimos
facer unhas cabezas de "aliens" para poder
convertinos facilmente neles. Foi moi pringoso e divertido!
Xogamos ao "chairs game" antes de ler o conto previo a irnos para a casa. Tivemos pouco tempo pero seguro que mañá nos deixan repetir.
See you tomorrow
No hay comentarios:
Publicar un comentario