O noso primeiro día no Urban English Camp estivo cheo de sorpresas e emocións.
Para coñecernos mellor e coñecer o espazo que compartiremos fixemos xogos e presentacións.
Xunto coas nosas monitoras, Amanda e Andrea, descubrimos que temos unha misión especial que cumprir durante estes días. Esa misión é construír novos contos que se están a acabar no mundo. O último que recrearemos será Ali Baba.
Xa fixemos un montón de actividades e xogos para dar comezo á nosa misión.Será unha semana moi emocionante.
Mirade todo o que fixemos!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario