Que rápido pasou a semana!!!
Estivemos tan ocupados, fixemos tantas cousas e divertímonos tanto que o tempo pasou voando. E tocou despedirse pero coa esperanza de que axiña nos veremos.
Hoxe cociñamos gominolas, fixemos unha xincana divertidísima e preparamos a festa de despedida con máis xogos e máis diversión. Non faltou o castelo que tanto nos gusta nin as lambetadas e refrescos.
Foi unha semana fantástica, mesmo o tempo regalounos días luminosos e temperaturas moi agradables. Aprendemos moitas cousas en ingles e o usamos con moita naturalidade á hora de pedir cousas e comunicarnos coas nosas monitoras.
Mirade que ben o pasamos!!!
Foi un pracer para nós compartir este tempo con vós.
Esperamos vervos pronto, a semana que vén, ou se cadra, o próximo verán.
See you soon!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario