O día de hoxe foi moi especial tanto para os que repiten como para as novas caras que veñen a divertirse con nós ao Urban English Camp.
Esta semana imos adentrarnos no mundo máxico do "forest" porque nos bosques podemos atoparnos moitas cousas que nos poden sorprender!!!
Comezamos coñecéndonos cuns "greeting games" que axudan a romper o xeo aos recen chegados e a afianzar relacións para os que xa repetimos esta semana.
Tamén nos puxemos mans á obra, nunca mellor dito, e creamos "painted flowers" coas nosas "hands" e témperas. Así decoramos os marabillosos murais que enchen esta semana as paredes das nosas aulas.







See you tomorrow!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario