E chegou o último día "on the sea!
Hoxe estivemos a preparar todo o da "party"!!! Cociñamos "octopus sausages" para despois merendar. Quedaron moi graciosas e logo comprobamos que ademais estaban moi boas.
Logo fixemos algúns xogos ao aire libre e sol permitiu converternos en modelos de sombras coas que creamos un montón de figuras e animais mariños.
Despois de "have lunch and free time"...
...chegou o esperado!!!! We dress up with our octopus costume, fomos a cantar a nosa canción da semana, bailar uns cantos "hits" e gozar dos nosos amigos e amigas, cos xogos e da comida.
Foi un día estupendo e unha magnífica maneira de despedirnos de todas as amizades que fixemos de novo, das nosas estupendas monitoras e do espazo natural no que tanto nos divertimos.
Dende Galén queremos agradecervos unha vez máis que nos escollerades para enriquecer estes días de verán e lecer dos vosos fillos e fillas e esperamos vervos de novo por aquí. Foi un pracer.
E agora, a gozar das vacacións!!
Have good holidays!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario