Outro día máis no fondo do mar!!
Hoxe propuxemonos facer o noso "acuarium" en 3D. E coma semrpe procuramos facer os obradoiros con material de refugallo desta volta reutilizamos unha caixa de zapatos. Coa pintura, plastilina e os nosos debuxos e creatividade quedou espectacular. Encántanos!!
Hoxe o rato do xogo libre foi do máis apetitoso: mirade as nosas pizzas e "cakes"!
Pola tarde, como ía tanta calor decidimos facer unha "Water Gymkana" con diferentes probas que superar e xogos de habilidade tratando sempre que nos caeran unhas gotiñas de auga para poder refrescarnos. Foi divertidísimo.
Para despedir este xenial día limos o conto e marchamos cansos/as....pero satisfeitos/as para as nosas casas.
See you tomorrow.
No hay comentarios:
Publicar un comentario