Seguimos coa montaxe da nosa canción:"Walking in the Jungle", descubrimos a selva de Galén, xogamos no seu castelo encantado; si, si, escoitaches ben,seguro que o é porque nel habita unha ra que se fixo amiga nosa. Quen nos di que non é un príncipe ou unha princesa encantada?
Comemos moi ben e divertímonos moitísimo.
Cada día nos sentimos mellor, coñecemos mellor aos compañeiros e compañeiras e todo é máis doado.
Mañá iremos á piscina. Se non fai moita calor xogaremos á beira do río e descubriremos novas paisaxes.
Deixámosvos unhas imaxes dalgúns dos momentos de hoxe.
Agora toca descansar para mañá seguir pasándoo ben.
See you tomorrow!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario