Hoxe toca despedir The Jungle!!!E... para elo comezamos cociñando con froitas , xa que somos moi previsores pensando na festa da tarde! Empregamos “cocos, plátanos, mazás,...e fixemos unhas deliciosas brochetas para poder degustalos na festa, ainda que xa catamos algún para asegurarnos de que saíran ben.
Coa fame que nos entrou decidimos saír a tomar o almorzo e facer unha xincana con probas moi divertidas. Rematamos a mañá convertindonos en animais da Jungle...
Mirade que guapos e guapas estamos.
And after lunch... PARTY TIME! Xogamos, cantamos, rimos, saltamos, comemos... gozamos moitísimo...sen esquecer as nosas orellas e a cola de oso que fomos elaborando con material de refugallo e trapillo ao longo da semana.
Foi unha semana xenial "In the Jungle".
Despedímonos entón esta primeira semana, agradecendo a todas as familias a confianza depositada en Galén centro Educativo para que os vosos fillos e fillas gozasen do tempo de lecer e do verán con actividades, xa vedes, moi lúdicas e coa presenza constante da lingua inglesa. Esperamos vervos pronto, a semana que vén ou se cadra o verán que vén.
See you soon!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario