Comezamos o día vendo novos videos de insectos que nos sumerxen nunha nova xornada no "untherground world". Tamén cantamos a nosa canción da semana "Herman the Worm".
Decidimos transformarnos en bechiños cunhas "headbands" con grandes ollos e unhas longuísimas "antenae" que nós mesmos decoramos e pintamos asemellándonos ao insecto que máis nos gusta.
Despois do almorzo cociñamos unhas deliciosísimas "cookies" de "chocolate and crips".Uns pequenos pedaciños de terra "rocks and sediments"!!!
Despois de xantar e xogar no patio, pintamos as nosas "faces" debuxando un "caterpillar" para convertirnos de novo en bechiños e ir celebrar a FESTA de despedida da semana comendo as nosas "cookies", que nos sairon deliciiiiiosasss! Tamén había patacas, zumiños e snaks variados. E para rematar fixemos unha carreira cos nosos "worms".
Foi unha semana.... FANTÁSTICA! Pasámolo xenial! Esperámosvos a próxima semana donde vos esperan fabulosas aventuras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario