Hoxe foi o noso primeiro e gran día no Urban English Camp e queremos compartir con vós as nosas vivencias e emocións.
Comezamos o día coñecéndonos, facendo xogos de grupo nos que ir aprendendo os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras de aventura. Foi divertido aínda que algún de nós estivemos nos primeiros momentos algo reservados. Ao longo do día fómonos sentindo cada vez máis contentos e participativos.

A mañá pasouse voando e despois dun pequeno almorzo a media mañá, pasámolo xenial creando o noso particular "carterpillar" os máis pequechos e unha variedade inmensa de "diferente insects" os maiores....e todo elo a partires dunha caixa de ovos.






E estaredes preguntándovos como se fai iso???? Pois empezamos por recoller no "forest" moitos elementos naturais: "sticks" e "leaves" Ademais fixemos un acolchadiño con "straw" para os cementos deste gran hotel que remataremos a finais da semana.
Rematamos o día tan intenso con un conto "Supergrow" e marchamos para a casiña cansos de telo pasado moi ben e con ganiñas de volver mañá a descubrir novas aventuras.
See you tomorrow!!
Que ben o pasan os nosos nenos e nenas!!!
ResponderEliminar