Hoxe regresamos ao Urban English Camp con ganas de máis aventuras e de seguir afianzando as novas amizades. E foi un día ben chulo!!
Deronnos a benvida Amanda, Judit e Soraya, as nosas monitoras, e comezamos a xornada vendo o video "The WindMill Farm" e escoitando e bailando, por suposto, a canción "Up, Up, UP!!!" unha forma moi chula de iniciar o día e de seguir inspirando a nosa semana no elemento "Aire".
Xa con moita enerxía despois do baile, puxémonos mans á obra para rematar os "paper birds" que empezamos onte reutilizando platos de papel e anaquiños de papeis de revistas. Para nós tamén é moi importante esta parte de reutilización de material de refugallo e contribuír un pouquiño á redución de resíduos no planeta. Así que rematamos os nosos xeniais "paper birds" con seus "eyes" e "wings, very importants to fly".
Ademais quixemos experimentar co aire como ferramenta artística. Si, si, veredes: o aire pode ser estupendo para a creación plástica. Só precisamos unhas palliñas, pintura e....BLOOOOW!!! que obras de arte tan chulas nos quedaron.
O grupo dos máis grandes quixemos tamén experimentar e intentar crear "Clouds". Con un pouco de "ice", "!!Boiling water" e un ingrediente segredo....conseguimolas crear!! YESSSS!
Hoxe o sol estivo ben presente e quentou moitísimo polo que á tarde acordamos facer "Water Games". Bueno, primeiro estivemos descubrindo a maxia das "Giant Bubbles" para despois refrescarnos nos xogos e no "Slide".
It was a great day!!! See you tomorrow!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario