Siiii, foi un día xenial!!!
![MURAL](https://c1.staticflickr.com/1/345/19350955412_86b28236ca_z.jpg)
Amencimos con algo de aire, por suposto, estamos na semana "in the air", mais o sol finalmente animouse a acompañarnos nunha mañá cheíña de bos momentos divertidos e ...moooita "water". Estabamos desexosos de que chegase o gran día e....non nos decepcionou.
Chegamos ao Clube Fluvial, almorzamos uns bocatas que souberon a gloria, encremámonos e....A BAÑARSE!!!.
Chapuzamos, lanzámonos polos "slides", nadamos, puxémonos a remollo na piscina de burbullas e aínda que nos costou saír, marchamos a xantar nunha zona de picnic e xogos.
![PISCINA PEQUES](https://c1.staticflickr.com/1/548/19169446258_ac1d0ecd31_z.jpg)
A comida..."delicious": empanada, bocatas e...."water melon" que nos axudaron a recuperar enerxías para seguir xogando nos "slides", columpios e correndo na herba.
Tamén fixemos algúns "necklaces" e pintamos as nosas unllas de cores ben divertidas.
![PARQUE](https://c1.staticflickr.com/1/303/19169414100_d917011082_z.jpg)
It was a fantastic day e marchamos a casa co corpo ben canso pero cheo de emocións e vivencias que continuar mañá, día de festa e algunhas despedidas??? Bueno, quizais haxa reencontros o Luns, non si???
See you tomorrow!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario