Comezamos o día deixando "fluír" a nosa "creativity" facendo varias obras de arte con "plasticine" e como estamos na "water week" non faltaron "rivers", "clouds", "rainbows",... somos un artistas!!!
![plasti (2)](https://farm1.staticflickr.com/502/19695815311_70be055b6a_z.jpg)
Despois foi tempo para video con "Cool water animation", "water conservation" e a canción da semana: "swiming". Canta inspiración atopamos para a seguinte actividade: unha manualidade "super cool"...os "water jars". Pero hoxe son só algúns preparativos...xa veredes mañá como molan!!!
![debuxo](https://farm1.staticflickr.com/308/19695818291_0bdf364536_z.jpg)
E para mover o esquelete ao tempo que a mente e...pasalo ben as nosas monitoras preparáronnos un divertidísimo xogo de busca con pistas. Repartidos en dous equipos a misión era atopar "6 drops" agochadas estratéxicamente nos lugares onde a "water" está presente. Foi un xogo intenso e moi moi interesante.
![busca tesouro](https://farm1.staticflickr.com/412/19068710494_d14d4cf141_z.jpg)
E a tarde foi tamén moi moi especial. O sol locía no ceo con forza e en honor ao noso tema da semana fixemos os espectaculares e tan refrescantes "Water Games" e as "gigant bubles".
Como nos gusta esta actividade!!!
![water games2](https://farm1.staticflickr.com/493/19691281535_e442febc27_z.jpg)
E así de fresquiñas e fresquiños despedímonos ata mañá que será, de seguro, un día xenial.
See you soon!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario