Chega a semana da auga e con ela un montón de novas aventuras, xogos e diversións. Comezamos a mañá facendo "greeting games" e coñecéndonos xa que viñeron novos "friends".
Como estamos na "water week" logo de "have breakfast" demos saída ao noso lado máis creativo e fixemos uns debuxos con "water" "shaving foam" e paint" e creamos "marbled paper". Foi unha mestura moi interesante como podedes ver nas imaxes.
Despois de xantar fixemos unha gymkhana con xogos como "water/earth", "rain-rain-drop", "cloud-cloud-rainbow", corremos, saltamos,...Foi un día intenso e divertido.

Co bo tempo que nos agarda esta semana seguro que o seguimos pasando tan ben como no día de hoxe.
See you tomorrow.
No hay comentarios:
Publicar un comentario