Comezamos !!!

Xa está todo listo para dar comezo o luns 23 a primeira semana de Urban English Camp en Galén!!

Dun máxico e lonxano lugar chegan as nosas fadas dos contos. Nese fantástico reino os textos das historias están a desaparecer e chegan a Galén coa misión de alimentar soños e imaxinación para que as vellas historias rexurdan. Os nenos e nenas seredes os encargados de recuperalos. De seguro que o conseguimos!!
Nesta primeira semana nos mergullaremos no incrible mundo da selva, con toda a súa exuberancia e extraordinarios animais coa fin de reescribir e facer voltar un novo " Libro da Selva".

Para levar a cabo todas as cousas divertidas que faremos ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol.

É importante que levemos a roupa marcada, así poderemos evitar extravíos. E se necesitamos seguir unha dieta ou tomar algunha menciña somentes teremos que comunicalo, as nosas monitoras se encargarán de todo. 

Xa estamos impacientes! De seguro que o pasaremos moi ben!!

Información de interese: