Last and Party Day!!

Hoxe chegamos ao campamento con unha mestura entre emoción e un chisquiño de pena por ter que despedirnos, mais con toda a actividade que tivemos hoxe finalmente foi un día fantástico "of course".

Comezamos o día facendo unha "special surprise" para Nico pois hoxe para el o día si que era superspecial...o seu "BIRTHDAY!!!.

E despois seguimos mans á obra preparando os "costumes" para a "party" de despedida da tarde, unhas "clouds" chulísimas.

disfraces 1 disfraces 2 disfraces 3 

Despois do "breakfast"  xogamos a crear "imaginary stories" utilizando os "story cubs" e diferentes "props" (uns dados con imaxes diferentes que segundo nos van saíndo temos que ir incorporándoos á historia. É un xogo moi chulo que potencia moito a imaxinación e  axúdanos a aprender palabriñas en inglés)


story cubs

E o momento máis especial chegou despois do xantar, cando xa todos caracetrizados coma nubes pintamos as nosas "faces" e....PARTY TIME!!!

festa 1 Cantámoslle a Nico "Happy Birthday", soplou as candeas, comemos as xelatinas que preparamos o mércores, merendamos e...saltamos na colchoneta para celebrar o noso derradeiro día na "water week" e para despedirnos ata o ano que vén.

festa 2 festa 3 festa 4 festa 5 festa 6 Agora é tempo de vacacións. Esperamos que as vosas expectativas se cumprisen amplamente e esperámosvos aquí o vindeiro verán.

SEE YOU NEXT YEAR!!!



Swiming Pool Day!!!

Today it was an amazing day!!!

Chegamos pola mañá con moita ilusión pois hoxe é xoves e sabiamos que nos esperaba a "swimingpoool". Mais tamén chegamos un pouco preocupados porque o sol seguñia agochado entre "the clouds".
Con ánimo e ilusión marchamos cara o Clube Fuvial e alí, entre o almorzo e os xogos pouco a pouco foi asomando os seus raíños o noso amigo Lorenzo ata acompañarnos con toda a súa forza tooooodo o resto do día.
Bañámonos, chapuzamos, baixamos polos "slides" e pasamos unha mañá do máis intensa.....non vos parece?? Mirade nas fotos!!
1 2 3 4 5 6 7 8 
Despois dunha mañá do máis "wet" e dun xantar revitallizador....a XOGAR!!! 
 9 10 Marchamos para a casa cansos pero "very happy" a recuperar forzas de cara ao derradeiro día de campamento. Mañá día de festa e despedidas pois.....rematamos estas semanas de aventuras!!!!

Pero aínda non é tempo de despedidas, hoxe toca unha despedida ata mañá: See you tomorrow!






Wednesday and water!!

Hello!!
Empezamos este mércores con moita enerxía preparando algunhas cousiñas do máis "magic".
Veredes:

Xa onte vos contamos que estivemosa  preparar parte da nosa "water jar" e hoxe tocou a parte máis impresionante. Un pouco de "purpurin"....
purpurina2 purpurina1 
Water and some colour drops ....Uaue!! MAGIC! 
purpurina 3 Despois de almorzar "we were cooking" para a "party" do venres. Quixemos reproducir as primeiras cores do "rainbow: red and yellow" e que mellor que facer "gelatin": water, colour and  fridge!! E esperar a ver que proceso máxico acontece alí dentro.
Xelatina Para rematar a mañá un pouco de "dancing anda singing" e a comer!!! 

singing

Pola tarde a maxia continuou pois estivemos a facer "experiments" con diferentes cousiñas e descubrir cales "float" ou "sink"e xogando co "water wall".

auga 1 auga 2 auga 3 auga 4 auga 5 auga 6 auga 7

Xa vedes, hoxe foi un día cheo de descubrimentos e experimentación.
Mañá é día de "water and water" na "swimming pool".
Esperámosvos!!!

Second day in the water world

Comezamos o día deixando "fluír" a nosa "creativity" facendo varias obras de arte con "plasticine" e como estamos na "water week" non faltaron "rivers", "clouds", "rainbows",... somos un artistas!!!
plasti (1) plasti (2) Despois foi tempo para video con "Cool water animation", "water conservation" e a canción da semana: "swiming". Canta inspiración atopamos para a seguinte actividade: unha manualidade "super cool"...os "water jars". Pero hoxe son só algúns preparativos...xa veredes mañá como molan!!! debuxo E para mover o esquelete ao tempo que a mente e...pasalo ben as nosas monitoras preparáronnos un divertidísimo xogo de busca con pistas. Repartidos en dous equipos a misión era atopar "6 drops" agochadas estratéxicamente nos lugares onde a "water" está presente. Foi un xogo intenso e moi moi interesante. busca tesouro E a tarde foi tamén moi moi especial. O sol locía no ceo con forza e en honor ao noso tema da semana fixemos os espectaculares e tan refrescantes "Water Games" e as "gigant bubles".
 Como nos gusta esta actividade!!!
 water games1 water games2 E así de fresquiñas e fresquiños despedímonos ata mañá que será, de seguro, un día xenial. 
See you soon!!

Welcome to the Water week!

Chega a semana da auga e con ela un montón de novas aventuras, xogos e diversións. Comezamos a mañá facendo "greeting games" e coñecéndonos xa que viñeron novos "friends".
Como estamos na "water week" logo de "have breakfast" demos saída ao noso lado máis creativo e fixemos uns debuxos con "water" "shaving foam" e paint" e creamos "marbled paper". Foi unha mestura moi interesante como podedes ver nas imaxes.

espuma2 espuma1


Despois de xantar fixemos unha gymkhana con xogos como "water/earth", "rain-rain-drop", "cloud-cloud-rainbow",  corremos, saltamos,...Foi un día intenso e divertido.


3 5 6 
8

Co bo tempo que nos agarda esta semana seguro que o seguimos pasando tan ben como no día de hoxe.
See you tomorrow.