Último día no space!!!


Hoxe toca  despedir o universo!!!E... para elo comezamos cociñando “chocolate space rocks”, xa que somos moi previsores pensando na festa da tarde! Empregamos “buter, cocoa, acing sugar and cereals” e colocámolas no “freezer” para poder degustalos na festa, ainda que xa catamos algún para asegurarnos de que saíran ben.

Coa fame que nos entrou decidimos saír a tomar o almorzo e facer “brazeletes and neckless” e xogar a  “what’s the time Mr Alien? ”



And after lunch... PARTY TIME! Xogamos, cantamos, rimos, saltamos, comemos... gozamos moitísimo...sen esquecer as nosas supercabezas de extraterrestre que fomos elaborando con material de refugallo ao longo da semana.






Foi unha semana xenial fóra do noso planeta.

Despedímonos entón esta segunda semana, agradecendo a todas as familias a confianza depositada en Galén centro Educativo para que os vosos fillos e fillas gozasen do tempo de lecer e do verán con actividades, xa vedes, moi lúidicas e coa presenza constante da lingua inglesa. Esperamos vervos pronto, a semana que vén ou se cadra o verán que vén.

See you soon!!!

swimming pool !!


E chegou o día da swimming pool!! Foi impresionante, indescritible... que ben o pasamos.
Chegamos ao Club Fluvial “and we have an apple”, despois puidemos gozar co bo día que facía e refrescarnos na piscina coa auga.









Canta fame tiñamos!!! Buscamos unha sombra cunha mesa enoooorme onde nos puideramos sentar todos e todas  para “have a picnic” e despois ir xogar ao parque.


Que cansados viñemos, no bus de volta quedamos rendidos en brazos de  Morfeo. A mellor forma de demostrarvos o ben que o pasamos é que vexades todas as fotos que fixemos, ate debaixo da auga.
Mañá teremos unha superfesta para despedir “the space week”

See you tomorrow

Outro día no espazo !!!

Un novo día no espazo e ....propoñéndonos decorar a clase decidimos facer 3D planets e colgalos do teito, ademais puidemos facer "bracelets, necklaces or plait".




Despois do bocata de media mañá rematamos o noso disfraz de extraterrestres para o venres, poñéndolle "antennae on the aliens head" e pintándoo.





Unha vez repoñamos forzas co xantar tocarán os ansiados xogos de auga...








Como gozamos do tobogán, a bomba mollada ou as carreiras de esponxas!!!
Estamos deseosos de que chegue mañá e ver que máis nos agarda.

See you tomorrow...

e hoxe tivemos .... more adventures!

Un novo día fóra da terra coñecendo outros planetas, esta vez imaxinando "space and aliens"

After having a break,  fomos xogar ao "ladders game"sendo diferentes partes do universo, "planets, stars, comets, aliens...Tamén xogamos a "the boll circle game albow tag" e a moitos xogos máis.






After lunch fixemos uns incribles cadros e móviles "about the universe". O venres levarémolos para a casa e poderemos decorar os nosos cuartos con eles para poder recordar estes fantásticos días.

A ver que nos agarda mañá, esperemos que faga bo tempo e podamos gozar da auga que tanto nos gusta!!!





See you tomorrow


Segunda semana: Imos ao espazo!!

Benvidos todos e todas á segunda semana do campamento urbán!!
De novo estamos aquí para compartir con vós, lectores e lectoras, as aventuras e emocións que viviremos xuntos.
Recordade visitarnos cada día pois esto será como un diario.


E... chegamos ao espazo!
Foi entrar no campamento e ver todo o universo nunha parede. Esta semana divertirémonos máis aló do noso planeta, pero antes coñecemos a todos os nosos compañeiros e compañeiras con algún xogo no que diciamos o noso nome, o que nos gusta, etc...





Despois de coller forzas co xantar de hoxe chegou "an explorer with two astronauts" para facernos pensar como queriamos adentrarnos  ainda máis no espazo, así que decidimos facer unhas cabezas de "aliens" para poder convertinos facilmente neles. Foi moi pringoso e divertido!



Xogamos ao "chairs game" antes de ler o conto previo a irnos para a casa. Tivemos pouco tempo pero seguro que mañá nos deixan repetir.

See you tomorrow