Mostrando entradas con la etiqueta Urban 2015. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Urban 2015. Mostrar todas las entradas

Last and Party Day!!

Hoxe chegamos ao campamento con unha mestura entre emoción e un chisquiño de pena por ter que despedirnos, mais con toda a actividade que tivemos hoxe finalmente foi un día fantástico "of course".

Comezamos o día facendo unha "special surprise" para Nico pois hoxe para el o día si que era superspecial...o seu "BIRTHDAY!!!.

E despois seguimos mans á obra preparando os "costumes" para a "party" de despedida da tarde, unhas "clouds" chulísimas.

disfraces 1 disfraces 2 disfraces 3 

Despois do "breakfast"  xogamos a crear "imaginary stories" utilizando os "story cubs" e diferentes "props" (uns dados con imaxes diferentes que segundo nos van saíndo temos que ir incorporándoos á historia. É un xogo moi chulo que potencia moito a imaxinación e  axúdanos a aprender palabriñas en inglés)


story cubs

E o momento máis especial chegou despois do xantar, cando xa todos caracetrizados coma nubes pintamos as nosas "faces" e....PARTY TIME!!!

festa 1 Cantámoslle a Nico "Happy Birthday", soplou as candeas, comemos as xelatinas que preparamos o mércores, merendamos e...saltamos na colchoneta para celebrar o noso derradeiro día na "water week" e para despedirnos ata o ano que vén.

festa 2 festa 3 festa 4 festa 5 festa 6 Agora é tempo de vacacións. Esperamos que as vosas expectativas se cumprisen amplamente e esperámosvos aquí o vindeiro verán.

SEE YOU NEXT YEAR!!!



Swiming Pool Day!!!

Today it was an amazing day!!!

Chegamos pola mañá con moita ilusión pois hoxe é xoves e sabiamos que nos esperaba a "swimingpoool". Mais tamén chegamos un pouco preocupados porque o sol seguñia agochado entre "the clouds".
Con ánimo e ilusión marchamos cara o Clube Fuvial e alí, entre o almorzo e os xogos pouco a pouco foi asomando os seus raíños o noso amigo Lorenzo ata acompañarnos con toda a súa forza tooooodo o resto do día.
Bañámonos, chapuzamos, baixamos polos "slides" e pasamos unha mañá do máis intensa.....non vos parece?? Mirade nas fotos!!
1 2 3 4 5 6 7 8 
Despois dunha mañá do máis "wet" e dun xantar revitallizador....a XOGAR!!! 
 9 10 Marchamos para a casa cansos pero "very happy" a recuperar forzas de cara ao derradeiro día de campamento. Mañá día de festa e despedidas pois.....rematamos estas semanas de aventuras!!!!

Pero aínda non é tempo de despedidas, hoxe toca unha despedida ata mañá: See you tomorrow!






Wednesday and water!!

Hello!!
Empezamos este mércores con moita enerxía preparando algunhas cousiñas do máis "magic".
Veredes:

Xa onte vos contamos que estivemosa  preparar parte da nosa "water jar" e hoxe tocou a parte máis impresionante. Un pouco de "purpurin"....
purpurina2 purpurina1 
Water and some colour drops ....Uaue!! MAGIC! 
purpurina 3 Despois de almorzar "we were cooking" para a "party" do venres. Quixemos reproducir as primeiras cores do "rainbow: red and yellow" e que mellor que facer "gelatin": water, colour and  fridge!! E esperar a ver que proceso máxico acontece alí dentro.
Xelatina Para rematar a mañá un pouco de "dancing anda singing" e a comer!!! 

singing

Pola tarde a maxia continuou pois estivemos a facer "experiments" con diferentes cousiñas e descubrir cales "float" ou "sink"e xogando co "water wall".

auga 1 auga 2 auga 3 auga 4 auga 5 auga 6 auga 7

Xa vedes, hoxe foi un día cheo de descubrimentos e experimentación.
Mañá é día de "water and water" na "swimming pool".
Esperámosvos!!!

Second day in the water world

Comezamos o día deixando "fluír" a nosa "creativity" facendo varias obras de arte con "plasticine" e como estamos na "water week" non faltaron "rivers", "clouds", "rainbows",... somos un artistas!!!
plasti (1) plasti (2) Despois foi tempo para video con "Cool water animation", "water conservation" e a canción da semana: "swiming". Canta inspiración atopamos para a seguinte actividade: unha manualidade "super cool"...os "water jars". Pero hoxe son só algúns preparativos...xa veredes mañá como molan!!! debuxo E para mover o esquelete ao tempo que a mente e...pasalo ben as nosas monitoras preparáronnos un divertidísimo xogo de busca con pistas. Repartidos en dous equipos a misión era atopar "6 drops" agochadas estratéxicamente nos lugares onde a "water" está presente. Foi un xogo intenso e moi moi interesante. busca tesouro E a tarde foi tamén moi moi especial. O sol locía no ceo con forza e en honor ao noso tema da semana fixemos os espectaculares e tan refrescantes "Water Games" e as "gigant bubles".
 Como nos gusta esta actividade!!!
 water games1 water games2 E así de fresquiñas e fresquiños despedímonos ata mañá que será, de seguro, un día xenial. 
See you soon!!

Welcome to the Water week!

Chega a semana da auga e con ela un montón de novas aventuras, xogos e diversións. Comezamos a mañá facendo "greeting games" e coñecéndonos xa que viñeron novos "friends".
Como estamos na "water week" logo de "have breakfast" demos saída ao noso lado máis creativo e fixemos uns debuxos con "water" "shaving foam" e paint" e creamos "marbled paper". Foi unha mestura moi interesante como podedes ver nas imaxes.

espuma2 espuma1


Despois de xantar fixemos unha gymkhana con xogos como "water/earth", "rain-rain-drop", "cloud-cloud-rainbow",  corremos, saltamos,...Foi un día intenso e divertido.


3 5 6 
8

Co bo tempo que nos agarda esta semana seguro que o seguimos pasando tan ben como no día de hoxe.
See you tomorrow.

Fourth week in the Urban English Camp

O luns iniciamos a última semana de campamentos. 
Despois de gozar coas actividades e das amizades destas anteriores semanas despedirémonos cun tema moi especial....the water!!! Imaxinade cantas posibilidades de xogos, experimentos e manualidades imos poder levar a cabo neses dias!! 
 Para poder facer todas as cousas divertidas ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol. 
Deixámosvos aquí o menú de luns a venres e a rota do autobús






Moitas grazas por todo e gozade a tope con esta última semana.

Vémonos o luns!

Last day in the forest

Coa xornada de hoxe damos por rematada a nosa semana de aventuras polo "forest".
Logo de "routes", diferentes descubrimentos e unha achega á "nature" con todos os seus elementos  como son as "trees", "animals", "flowers",... concluímos a "forest week" cun ambiente máis festivo.
Ao longo do día fixemos un montón de cousas como "paint our faces", tivemos unha "forest cooking session" e tamén a oportunidade de "jump" no "castle" que apareceu no medio da natureza de Galén.
Foi unha semana moi intensa e divertida da que seguro levamos moi bos recordos.
Moitas grazas a todos e todas por facer deste un campamento inesquecible e agardamos vervos, se non é a vindeira semana, que sexa o próximo verán.


2 3 1 5 12 11 10 9 8 7 6 4