Comezamos a 3º semana!

Xa está todo listo para dar comezo o luns 7 a terceira semana de Urban English Camp en Galén!!

No fantástico reino dos contos os textos das historias están a desaparecer e as fadas dos contos-monitoras están en Galén coa misión de alimentar soños e imaxinación para que as vellas historias rexurdan. Os nenos e nenas sodes os encargados de recuperalos. 
Nesta terceira semana a nosa misión consistirá en recuperar o conto de "Jack e os feixós máxicos": xigantes, galiñas de ovos de ouro, e un mundo cheo de aventuras nos agardan.

Para levar a cabo todas as cousas divertidas que faremos ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol.

É importante que levemos a roupa marcada, así poderemos evitar extravíos. E se necesitamos seguir unha dieta ou tomar algunha menciña somentes teremos que comunicalo, as nosas monitoras se encargarán de todo. 

De seguro que o pasaremos moi ben!!

Festa!!

E chegou o remate, a festa e a despedida.

Que mágoa despedirse dos bos amigos e as boas amigas feitas no Urban English Camp, das actividades tan chulas e das nosas profesoras, Amanda, Andrea e Judith, ... en fin!!!

 Pola mañá fixemos os preparativos para a tarde: zumes de limón e laranxa para facer a granizados e cumprimos a misión da Tribu dos Panini descifrando as innumerables pistas e sinais que nos foron deixando.

A verdade e que Tinkerbell debeu ter moito traballo porque apareceron cousas inexplicables nos sitios máis curiosos

Á tarde foi a gran festa!! Houbo castelo máxico, claro!, música, xogos, e cousiñas para picar.

O pasamos xenial Védelo nestas fotos!!!
 







Castelo máxico


Xogamos moito


Castelo máxico 
2

Foi unha semana estupenda con Peter, Tinkerbell, Hook, e os indios chea actividades lúdicas e coa presenza constante da lingua inglesa.

Agradecemos a todas as familias que confiaron en Galén o tempo de lecer e as actividades de verán dos seus fillos e fillas.

Esperamos vervos pronto, a semana que vén ou se cadra o verán que vén.

See you soon!!

Swimming pool

Por fin chegou o día esperado!!!
E que día tivemos!!!
Sol, boa temperatura.... e moitísimas ganas de pasalo ben.
Fixemos ata unha casiña para Tinkerbell e un parque máxico de xogos.
Gozamos moitísimo na piscina e cos xogos ao aire libre.

E xa se achega o último día,... pero imos facer unha festa superchula!!!
Xa vos contaremos








tobogán 2










See you tomorrow!!!

Canoes, tepees and shadows

Pos si que veu Tinkerbell!!!! 

Continuou o noso conto. Está a quedar chulísimo!!! 

Hoxe foi un día completísimo malia que non puidemos xogar no tobogán de auga porque non facía moita calor
Ao longo do día constuimos canoes and tepees indios, tentamos atrapar a nosa shadow, debuxamos treasure maps e xogamos como verdadeiros indios a xogos moi divertidos. 

Mañá temos un día completiño na piscina. Ímolo pasar xenial. 

Temos moitas ganas de que chegue ese momento.
Mirade que ven se nos ve nas fotos.
See you!! !















Almorzamos..

Dream Catcher

Hoxe o día estivo cheo de actividade.
O noso conto comezou a tomar forma. Mesmo esta noite algún trasno debeu vir e escribiu o que onte acordamos!!!
Foi algo máxico ver escritas as verbas que inventamos. Hoxe lle pedimos a Tinkerbell que nos axude a atopar outras novas para continuar the story.

Pola maña fixemos un Dream Catcher moi chulo, podedes velo nas fotos, e pola tarde xogamos no castelo, fixemos unha xincana e unha treasure hunt para atopar elementos que nos convertan nos auténticos indios do noso conto.

Xa veremos mañá se Tinkerbell nos axuda a continuar.

 Estamos ilusionadas e ilusionados.


Conto

xogos



Decoramos



Xincana 

Ah!!! A comida está boísima! 

Comemos


See you tomorrow!!!

Segunda semana: O conto de Peter Pan

Benvidas e benvidos á segunda semana do campamento urbán!! De novo estamos aquí para compartir con vós, lectores e lectoras, as aventuras e emocións que viviremos xuntos. Recordade visitarnos cada día pois esto será coma un diario.
 Xunto coas nosas monitoras, Amanda, Andrea e Judit, descubrimos que temos unha misión especial que cumprir durante estes días. Esa misión é construír novos contos que  están a desaparacer!!!

 O LIBRO que recrearemos esta semana será "PETER PAN BOOK". 
Hoxe xa fixemos un montón de actividades e xogos para dar comezo á nosa misión. Será unha semana chea de sorpresas e diversión!!!!!!


xogamos para coñecernos


Xogamos fora


Cantamos...


Contamos un conto


penacho indios e indias


Vivimos moitas emocións e pasámolo xenial!! 
Mañá as nosas monitoras terán moitas actividades e sorpresas preparadas para nós!!
 See you tomorrow!!!