Urban English Camp. 6-10 de xullo

Estamos a piques de iniciar unha terceira semana no Urban English Camp Galén e temos moitas ganas de coñecervos aos novos aventureiros e aventureiras e de reencontrarnos cos que xa estivestes con nós.  O luns empeza a aventura!!


Recordade traer roupa cómoda e fresquiña que vos faciliten os xogos e actividades tendo en conta que nos moveremos por un entorno natural con herba, árbores, terra..... Ademais cada día traede unha MOCHILA con chanclas, crema para o sol (moi importante), dous traxes de baño, toalla e gorra.
E...por que todos os días?? pois porque ademais do xoves que será o día de piscina os outros días, cando fai moita calor e sol, facemos xogos de auga, ximcanas acuáticas.....
Esta mochila, se non a precisades, quedará no campamento para o día seguinte  se a roupa está seca. Cando estea mollada levarémola para casa e ao día seguinte volveremos a traela.

Deixámosvos aquí a rota do bus coas paradas e as horas aproximadas polas que pasaremos a recollervos, e tamén o menú da semana.

Esperámosvos o Luns!!! vide cargadiñas de enerxíaaaaa!!




Party Day in the Air!!

Hoxe foi día de peche de semana, de ciclo, de tema "the Air" e por suposto día de mooooitas emocións.

Comezamos o día "watching" 2videos que nos inspiran o noso tema: "Wind" e "Digger Joe". Encantáronnos!! Despois practicamos "the song" co video "Up, up, up" e estivemos a bailar e cantar "a lot".
Esta foi unha actividade xenial para activarnos e coller enerxías para preparar os nosos disfraces para a "party"da tarde ....e...MANS Á OBRA: cortar, pegar e reutilizar coma sempre. A finalidade era construír uns disfraces de "birds" coas súas "wings" a partires de bolsas do lixo e papeis de cores.
DISFRAZ1 DISFRAZ2 making costumes E continuamos a mañá cos preparativos. Desta volta "time for cooking!!". E mirade, mirade que precioso "balloon" fixemos a partires de froitas de diferentes cores e sabores. Estaba "delicious".
COSIÑANDO1 COSIÑANDO2 COSIÑANDO3 Foi unha mañá moi atarefada. Despois do xantar repoñedor, do tempo de descanso e xogo na carballeira disfrazámonos e empezou a "party": merenda con "snaks" e zumes, comemos o noso "fruit balloon" fixemos algunhas "giant bubbles" e....como non...xa que era a semana do aire estivemos "jumping and playing" no  "castle".
Costumes1 colchoneta 1 party Xogamos, cantamos, aprendemos inglés, gozamos da natureza e fixemos amigos e amigas especiais. Algúns despedímonos con unha mestura de emocións entre ledicia e algo de pena por rematar a experiencia e outros estamos desexosos de que chegue o luns para os posibles reencontros e atopar novas amizades.

Grazas a todas e todos por facernos pasar unha semana xenial. E grazas ás familias por confiar en Galén para estas semanas especiais de verán.

Vémonos a semana...ou o verán que ven.!!!!  SEE YOU SOON!!!




A great day in the swimingpool!

Siiii, foi un día xenial!!!
MURAL Amencimos con algo de aire, por suposto, estamos na semana "in the air", mais o sol finalmente animouse a acompañarnos nunha mañá cheíña de bos momentos divertidos e ...moooita "water". Estabamos desexosos de que chegase o gran día e....non nos decepcionou.

Chegamos ao Clube Fluvial, almorzamos uns bocatas que souberon a gloria, encremámonos e....A BAÑARSE!!!.

Chapuzamos, lanzámonos polos "slides", nadamos, puxémonos a remollo na piscina de burbullas e aínda que nos costou saír, marchamos a xantar nunha zona de picnic e xogos.


TOBOGAN PISCINA PEQUES A comida..."delicious": empanada, bocatas e...."water melon" que nos axudaron a recuperar enerxías para seguir xogando nos "slides", columpios e correndo na herba.
Tamén fixemos algúns "necklaces" e pintamos as nosas unllas de cores ben divertidas. PARQUE2
PARQUE It was a fantastic day e marchamos a casa co corpo ben canso pero cheo de emocións e vivencias que continuar mañá, día de festa e algunhas despedidas??? Bueno, quizais haxa reencontros o Luns, non si???

See you tomorrow!!!

Xenial wednesday!!!

Chegamos hoxe coas pilas cargadas despois dunha noite reparadora, de seguro!, e comezamos o noso día facendo un "hot air balloon" decorado con diferentes materiais e técnicas:  rotuladores, témperas e gomets.  Ademais fomos  rematando as cestiñas dos nosos globiños. Canta creatividade desplegada non si?
MANUALIDAD3 MANUALIDADE2 MANUALIDADE1 Tamén visitamos a carballeira para engadirlle un nivel máis ao "Insect hotel" que algúns xa iniciamos a semana pasada e que os demais tiñamos moitas ganas de descubrir. Para os que non nos lestes, o hotel de bechos facémolo con palés para facerlle os diferentes pisos e ímolo enchendo de diferentes materiais naturais que lles poden ser atractivos aos diferentes animaliños que andan por aquí cerca. E así fixemos, recollimos materiais diferentes e fómolos dispoñendo no hoteliño.
HOTEL BICH Antes de ir xantar os maiores construímos increíbles "paper aeroplanes" aproveitando os papeis tan chulos que onte fixemos "blowing".
AVIONS E a tarde foi moi especial: o grupos dos máis pequechos e pequechas estivemos a facer "bracelets e necklaces" para enfeitarnos brazos, pescozo e incluso para o pelo. Quedaronnos moi chulas.


bracelets

E as máis grandiñas probamos a facer "climbing wall" . Ao inicio parecianos moi complexo e incluso pensabamos que iamos ter vértigo ou medo ás alturas, peeeeero.....nada máis lonxe da realidade!!! Foi unha experiencia emocionante e todas e todos conseguimos o reto de atravesar a parece de escalada polas presas sen caer e sen dubidar!!!
climbing1 climbing 2 climbing 3 climbing 5 climbing4
Mañá espérannos novas e moitas emocións. Será día de picnic e piscina!!!

See you tomorrow!!!!



Second Day in the Air


Hoxe regresamos ao Urban English Camp con ganas de máis aventuras e de seguir afianzando as novas amizades. E foi un día ben chulo!!

Deronnos a benvida Amanda, Judit e Soraya, as nosas monitoras, e comezamos a xornada vendo o video "The WindMill Farm" e escoitando e bailando, por suposto, a canción "Up, Up, UP!!!" unha forma moi chula de iniciar o día e de seguir inspirando a nosa semana no elemento "Aire".

Xa con moita enerxía despois do baile, puxémonos mans á obra para rematar os "paper birds" que empezamos onte reutilizando platos de papel e anaquiños de papeis de revistas. Para nós tamén é moi importante esta parte de reutilización de material de refugallo e contribuír un pouquiño á redución de resíduos no planeta.   Así que rematamos os nosos xeniais "paper birds" con seus "eyes" e "wings, very importants to fly".

Ademais  quixemos experimentar co aire como ferramenta artística. Si, si, veredes: o aire pode ser estupendo para a creación plástica. Só precisamos unhas palliñas, pintura e....BLOOOOW!!! que obras de arte tan chulas nos quedaron.
SOPLAR

O grupo dos máis grandes quixemos tamén experimentar e intentar crear "Clouds". Con un pouco de "ice", "!!Boiling water" e un ingrediente segredo....conseguimolas crear!! YESSSS!
experiment1 experiment 2

Hoxe o sol estivo ben presente e quentou moitísimo polo que á tarde acordamos facer "Water Games". Bueno, primeiro estivemos descubrindo a maxia das "Giant Bubbles" para despois refrescarnos nos xogos e no "Slide".
bubbles water games 2 water games1

It was a great day!!! See you tomorrow!!!


First day in The Air

Benvidos a todos e todas. O día de hoxe foi un día de reencontros, novas amizades e de moita ilusión por descubrir o novo tema da semana que é...THE AIR!!!!
Comezamos o día presentándonos cuns "greeting games" que nos axudaron a tomar contacto e a coñecernos. Tamén coñecimos e recordamos as "routines" que vamos a levar a cabo durante esta semana que nos axudarán a organizarnos e a saber que cousiñas temos que ir facendo cada día. MURAL2 MURAL1 Despois almorzamos e comezamos o noso primeiro gran proxecto: a construcción do "paper bird".
Estivemos "ripping" o papel de revista para "in the afternoon" poder seguir coa manualidade.
MANUALIDAD3MANUALIDADE1
MANUALIDADE2

Cando rematamos de xantar e de xogar un ratiño no patio, escoitamos a canción que nos vai a acompañar toda esta semana "Up, Up, Up Dancing". Logo rematamos os nosos "paper birds" utilizando diversos materiais: trapillos, papeis de cores e "goggly eyes".
BIRD1
CANCION
E mañá máaaaaais....!!!!!