Comezamos a 2º semana!!

Seguimos de campamento!! O luns 30 comezamos a segunda semana de Urban English Camp en Galén!!

Deixamos a xungla de Mogli e Baloo para viaxar nesta segunda semana ao divertido mundo dos piratas e indios da man das nosas monitoras-fadas dos contos para reescribir un novo  "Peter Pan". 

Para levar a cabo todas as cousas divertidas que faremos ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol.

É importante que levemos a roupa marcada, así poderemos evitar extravíos. E se necesitamos seguir unha dieta ou tomar algunha menciña somentes teremos que comunicalo, as nosas monitoras se encargarán de todo. 

Agardámosvos!!

Información de interese:



Último día In the Jungle

Hoxe toca despedir The Jungle!!!E... para elo comezamos cociñando con froitas , xa que somos moi previsores pensando na festa da tarde! Empregamos “cocos, plátanos, mazás,...e fixemos unhas deliciosas brochetas para poder degustalos na festa, ainda que xa catamos algún para asegurarnos de que saíran ben.
Preparando a festa


brochetas de froita


  Coa fame que nos entrou decidimos saír a tomar o almorzo e facer unha xincana con probas moi divertidas. Rematamos a mañá convertindonos en animais da Jungle... Mirade que guapos e guapas estamos. 

Xincana


dramatizando

Que vos parece??

 And after lunch... PARTY TIME! Xogamos, cantamos, rimos, saltamos, comemos... gozamos moitísimo...sen esquecer as nosas orellas e a cola de oso que fomos elaborando con material de refugallo e trapillo ao longo da semana.


foto grupo 1ª semana


xogamos na festa


festa 1º semana


castelo máxico


  Foi unha semana xenial "In the Jungle". Despedímonos entón esta primeira semana, agradecendo a todas as familias a confianza depositada en Galén centro Educativo para que os vosos fillos e fillas gozasen do tempo de lecer e do verán con actividades, xa vedes, moi lúdicas e coa presenza constante da lingua inglesa. Esperamos  vervos pronto, a semana que vén ou se cadra o verán que vén. 

See you soon!!


Swimming pool!!!

E chegou o día da swimming pool!! Foi incrible, que ben o pasamos. Chegamos ao Club Fluvial “and we have biscuits, apples, bananas...”, despois puidemos refrescarnos na piscina coa auga... como nos prestou bañarnos!!!


Temos un bo día



Na piscina


Que fresquiña


A secarse



Que divertido!!


Xogamos coa area


Canta fame tiñamos!!! Buscamos unha mesa enoooorme onde nos puideramos sentar todos e todas para “have a picnic” e despois ir xogar ao parque.


Comendo


Xogos


Xogando un ratiño máis

  Que cansos viñemos!! No bus de volta quedamos rendidos. A mellor forma de demostrarvos o ben que o pasamos é que vexades todas as nosas fotos. Uf! Xa case pasou a semana. Aprendimos moito, pasámolo moi ben e fixemos novos amigos e amigas.
 Mañá é outro día. O día no que a nosa versión do "Jungle Book" quedará rematada e que  celebraremos cunha festiña que orgarizaremos entre todas e todos. 

 See you tomorrow!!!!

Terceiro día

Ufff!! Hoxe fixemos de todo!!!

Seguimos coa montaxe da nosa canción:"Walking in the Jungle", descubrimos a selva de Galén, xogamos no seu castelo encantado; si, si, escoitaches ben,seguro que o é porque nel habita unha ra que se fixo amiga nosa. Quen nos di que non é un príncipe ou unha princesa encantada?

Comemos moi ben e divertímonos moitísimo.
Cada día nos sentimos mellor, coñecemos mellor aos compañeiros e compañeiras e todo é máis doado.

Mañá iremos á piscina. Se non fai moita calor xogaremos á beira do río e descubriremos novas paisaxes.

Deixámosvos unhas imaxes dalgúns dos momentos de hoxe.
 
Agora toca descansar para mañá seguir pasándoo ben.

 See you tomorrow!! 



2º Día" in the Jungle"

Hoxe foi un día especial, ao chegar descubrimos que alguén comezou a escribir o noso conto. Despois de moito xogar almorzamos pedindo "sandwich, fruit, milk or water, always saying please, of course".


Xogamos


Xogamos +


xogos con aros, cordas....


Almorzamos


Para convertirnos nos personaxes do noso conto estamos preparando elementos significativos como as orellas que fixemos onte e a cola de Baloo hoxe á mañá.


Cola de oso



Despois de xantar tivemos unha misión moi divertida "scarenger hunt" no que tiñamos que atopar diferentes obxectos por todo o espazo de Galén! (a river, a flower, a coconut, something small, something wet,....).


scarenger hunt

  Foi divertidísimo, aínda que estamos cansos despois de tanto exercicio!!
 Marchamos desexando que chegue mañá para ver cantas sorpresas máis teremos!!!

 See you soon!

Primeiro día



O noso primeiro día no Urban English Camp estivo cheo de sorpresas e emocións. 

Para coñecernos mellor e coñecer o espazo que compartiremos fixemos xogos e presentacións. 
Xunto coas nosas monitoras, Amanda e Andrea, descubrimos que temos unha misión especial que cumprir durante estes días. Esa misión é construír novos contos que se están a acabar no mundo. O primeiro que recrearemos será "JUNGLE BOOK".
Xa fixemos un montón de actividades e xogos para dar comezo á nosa misión e a unha semana chea de sorpresas e diversión. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos.

 Ata mañá


 Xogamos para coñecernos mellor

 Xogamos


xogando

Actividades para acadar os obxectivos da nosa misión

pulseiras
preparados, listas, xa!!
actividades
Aquí están!!
o libro