The last day... but very exciting!!

E chegou o último día explorando acerca dos "dinosaurs". Hoxe estivemos facendo "bracalets"de todos os tipos e descubrindo que con moi pouco podemos facer cousas xeniais.




Pensando na gran festa de pola tarde puxémonos a cociñar "jely volcanoes with some dinosaurs inside". Coa fame que nos entrou metemos un bocado para poder seguir con este gran día.


Marchamos ao campo a xogar a "elbowtag"e cantando "run run as faster as you can, you can't catch me, I'm the dinosaur man"xogamos á popular zapatilla.



Despois de xantar chegou o ansiado momento, "face painting, put on binoculars and go to the party", cantamos, saltamos, comemos, xogamos... foi xenial!!!



E ata aquí o reino dos dinosaurios, aprendemos e divertímonos moito, "a week to remember".

See you next week!! We hope to see you!!

Ata a semana que vén....esperamos volver a vernos!!

Terceiro día no reino dos DINOSAURS

Ola!!!
que gran día tivemos hoxe, non paramos!

Comezamos facendo uns "binoculars" porque somos uns grandes exploradores e exploradoras. Fixómolos con material de refugallo e decorámolos para que quedasen "very beautiful"




Despois  empregámolos xogando na carballeira a "Hot or cold" buscando algúns "dinosaurs" que estaban moi ben agochadiños. Despois de atopalos puidemos cada un de nós agochalos para que os nosos compis os atopasen.


Almorzamos  e....unha nova aventura!!! Unha "Dinosaur race" correndo a coller o dinosaurio que nos pedían(the green one, the biggest one, the most beautiful one....)


After lunch-time pedímoslles ás nosas monitoras facer de novo xogos de auga. Onte foi tan tan espectacular a tarde e pasámolo tan ben que quixemos repetir!!

E xa para despedir o día, despois de tanta acción e auga, lemos un conto dun dinosaurio...................

E agora...a descansar e coller forzas para o gran día de mañá!!

See you tomorrow.






Segundo día!

Hoxe foi un día especial, comezamos a mañá cantando e bailando . Aprendemos "Dinosaur Stomp" para cantala na festa do venres.
 Despois de xogar a "Simon Says" almorzamos ao sol pedindo "sandwich, fruit, milk or water,always saying please, of course".


Fixemos tamén  uns impresionantes volcáns e descubrimos que foron os que extinguiron aos dinosaurios. Entón fixemos fósiles con barro, mentres falabamos da diferente vexetación "trees, flowers, bush,leaf,.." 
 
Despois de xantar e aproveitando " the hot day,  we played water games".



Foi divertidísimo, ainda que estamos cansos despois de tanto exercicio!
Marchamos desexando que chegue mañá para ver cantas sorpresas máis teremos.

See you soon!


Primeira semana...primeiro día...the first experience

O noso primeiro día no Urban English Camp foi ben completo. Coñecemos as nosas monitoras Amanda e Andrea e con elas fixemos un montón de actividades e xogos para dar comezo a unha semana chea de sorpresas e diversión. Para que vos fagades unha idea de como foi este día deixámosvos aquí unha pequena mostra do ben que o pasamos cunha galería de fotos dalgunhas das actividades que fixemos.

 What our faces say? Are we happy? What do you think??

Mañá será outro día que promete...


Menú (semana 25 ao 28 de xuño)

Deixámosvos aquí o que será o menú desta primeira semana de campamentos.


  menú urbáns 25-28

Benvido Verán 2013!!!

Hoxe comeza o verán 2013 no English Urban Camp!!! un lugar cheo de emocións, aventuras, amizade, diversión.... aderezado con monitores e monitoras que nos falarán en inglés para así ademais ir afacendo os nosos ouvidos á lingua extranxeira.

Este espazo, o blog, pretende ser un medio de comunicacion entre o que aquí dentro acontece para que os lectores e lectoras, familias, amigos e amigas, coñecidos ou non, poidades ver que é o que vivimos cada día. Intentaremos ao final de cada xornada ensinarvos un anaquiño das nosas aventuras e esperamos tamén os vosos comentarios e participación a través dos "comentarios" abaixo de cada unha das entradas diarias.

Empeza a conta atrás!!! tres, dous, un.......