Comezamos nova quenda!!


O luns 11 iniciamos a 4º semana de Urban English Camp en Galén!!

Nesta última quenda nos mergullaremos no mundo máxico de "Ali Baba e os 40 ladróns": aventuras, maxia, tesouros.... un montón de actividades que están a agardar por vós!

Para levar a cabo todas as cousas divertidas que faremos ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol.

É importante que levemos a roupa marcada, así poderemos evitar extravíos. E se necesitamos seguir unha dieta ou tomar algunha menciña somentes teremos que comunicalo, as nosas monitoras se encargarán de todo. 

Agardámosvos!!


Un día de festa!!

E chegou o final!!
Que rápido pasou a semana!!!

Estivemos tan ocupados, fixemos tantas cousas e divertímonos tanto que o tempo pasou voando. E tocou despedirse pero coa esperanza de que axiña nos veremos.

Hoxe cociñamos gominolas, fixemos unha xincana divertidísima e preparamos a festa de despedida con máis xogos e máis diversión. Non faltou o castelo que tanto nos gusta nin as lambetadas e refrescos.

Foi unha semana fantástica, mesmo o tempo regalounos días luminosos e temperaturas moi agradables. Aprendemos moitas cousas en ingles e o usamos con moita naturalidade á hora de pedir cousas e comunicarnos coas nosas monitoras.

Mirade que ben o pasamos!!!




sweet beans 2






Festa


Agradecemos sinceramente a todas as familias a confianza depositada en Galén para o tempo de lecer e as actividades de verán dos seus fillos e fillas.

Foi un pracer para nós compartir este tempo con vós.

Esperamos vervos pronto, a semana que vén, ou se cadra, o próximo verán.

See you soon!!

SWIMINGPOOL!

Hoxe fomos á piscina!!
Tivemos un día fantástico: o sol nos acompañou dende moi cedo e nos mantivo quentiños toda a xornada. Tras organizarnos e comprobar que todos ìamos ben untadiños en crema nos dispoñemos a ir ao Club Fluvial, onde o pasamos xenial chapoteando e mergullándonos nas piscinas.....
AREEIRO2
AREEIRO1

Piscina 2 Piscina 3 Piscina 4

Piscina 5

pisicina
piscina 6

A SECARSE 2
A SECARSE 1

O pasamos moi ben!!! E tanto xogar nos deu mooooooita fame... así que nos agasallamos cun excelente xantar!

... e coas barriguiñas ben cheas decidimos descansar un ratiño, e por suposto, xogar... de seguida recobramos tooooda a enerxía!!

DE LECER1


DE LECER 2

Foi un día moi divertido... Mañá nos agarda tamén un día espléndido e cheo de actividades!
See you tomorrow!!!

Waterslide!!!!!

Por fin!!!!!
Conseguímolo!!
Hoxe, a pesar de que a mañá estivo fresquiña, animámonos e fixemos os desexadísimos xogos de auga.

Que ben o pasamos.

Pola maña xogamos moitísimo e pintamos os nosos magic eggs.
E despois de comer e repousar a comida, as nosas profes montaron un tobogán de auga.
Foi moi divertido. Había pistolas de auga, cubos, cubetas,... e un espazo precioso na herba para tomar o sol e quentar os nosos corpiños.

Mañá toca swimming pool e será outro día emocionante.
Teño que levar un traxe de baño posto e outro na mochila e botar crema protectora xa na casa.
Despois as profes poranme máis.

Ah! o noso conto vai tomando forma. Xa volo contaremos.


See you tomorrow












PINTANDO OVOS








ALMORZO2










tobogan de auga 3

Giant feet, collage beans and treasure hunt!!!

Ola!!!
Seguemos coa nosa misión máxica.
Xa sabedes que temos que recrear o conto Jack and beanstalk, pois hoxe traballamos moitiiiiiiiiisimo!!!

Pola mañá fixemos giant feet, e pola tarde unhas collages marabillosas con beans. Que bonitas quedaron!!! Aproveitamos tamén outros elementos naturais que atopamos no bosque.

Pero o máis emocionante foi a treasure hunt.
Había 6 probas distintas e ao completar cada unha delas conseguiamos un anaco do mapa do terouro. Tivemos que construir six sticks en grupos, sing a song, draw a giant, bring 3 stones, make a tower, .....

Conseguimos superar todas as probas!!!

Reconstruímos o mapa cos anacos e atopamos o tesouro que eran lambetadas!!!!

Foi moi divertido todo.

Mañá agárdanos unha nova aventura!!!

PES XIGANTE
PES XIGANTE














Collage


 See you!!!

Comeza unha nova aventura!!

Benvidas e benvidos a unha nova semana de aventura e diversión en inglés!

Aquí estamos de novo para compartir con vós, seguidores e seguidoras do blog, as sorpresas que nos teñen preparadas Andrea e Amanda.
Cada día faremos un pequeno resumo do que fixemos ao longo da xornada e deixaremos algunhas fotos para que vexades as actividades.
Esta semana a nosa misión consiste en recrear o conto JACK AND THE BEANSTALK.

Pola maña fixemos xogos de benvida para coñecernos mellor e have breasfast. Despois, para comezar coa nosa misión, preparamos o escenario do noso conto, escoitamos algúns fragmentos da story and plant magic beens. Pola tarde fixemos our golden eggs e para rematar a xornada, xogos fantásticos guiados polas personaxes e situacións do noso conto.
Pasámolo xenial.
Mañá é outro día que se presenta cheo de actividades emocionantes.
Xa vos iremos contando.

Mirade estas fotos!!! 



















FLASHCARDS GAMES
 


See tomorrow!!!