Summer 2014

2014

Como en anos anteriores organizamos os campamentos urbanos de verán. Este ano o inglès será a lingua das nosas actividades para o que contamos con monitores e monitoras bilingües.

Quendas 2014:

- 23 a 27 de xuño.

- 30 xuño a 4 de xullo.

- 7 a 11 de xullo.

- 14 a 18 de xullo.

- 21 a 24 de xullo.


Galén organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de verán, coa fin de colaborar no desenvolvemento integral dos máis pequenos, tamén, durante os seus momentos de ocio.
Cada verán preparamos un programa de actividades moi divertidas, nas que os rapaces e rapazas son os protagonistas activos das mesmas, e nas que se fan novas amizades, mentres se comparten emocionantes experiencias de xogo e descubrimento do contorno.
Galén está situado nun contorno natural inmellorable, o que facilita o desenvolvemento de actividades na natureza, deportivas e de investigación, como eixe vertebral dos nosos campamentos urbanos.
Outra das características dos nosos campamentos é a de contar co English Club, que durante todo o ano favorece a integración do inglés  de xeito lúdico e vivencial, e que durante o tempo estival facilita a posibilidade de xogar e practicar inglés gozando do tempo de lecer.
Entendemos a necesidade dunha educación para o ocio e o tempo libre programada e  axeitada, que ofreza actividades enriquecedoras e posibilitadoras de aprendizaxes culturais e sociais e que contribúa ao desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas, un punto de encontro para nenos e nenas entre 3 a 9 anos.
Os grupos de actividades divídense por idades, o que permite un deseño específico das actividades segundo os intereses e motivacións concretas de cada grupo.
Os educadores e educadoras que están en contacto cos vosos fillos e fillas, contan con titulación específica e  gran experiencia dentro do ámbito educativo. Pero é o equipo educativo do centro o que coordina e facilita cada unha  das actividades que se realizan dentro da nosa escola, no contorno ou durante as diferentes saídas que se realizan.
O horario do campamento é de 10:00 a 17:00, de luns a venres. Tamén contamos cun servizo de ampliación horaria de 9:00 a 10:00, asistido por persoal educativo que recibe aos nenos e nenas e promove actividades lúdico-afectivas ata o comezo das actividades propias do campamento.
  Temos servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado, na medida do posible, ás necesidades daqueles que o solicitan e asistidos por azafatas de Galén.
Como é sabido Galén conta cun  servizo de comedor con persoal e cociña propia. A programación de menús equilibrados faise semanalmente  pensando e adaptándose ás necesidades  das/os  máis pequenas/os. Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais para casos de alerxias ou intolerancias.
Todo esto permítenos:
- Ofertar un tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que favoreza a satisfacción e goce de cada un dos nenos/as que forman os grupos fomentando o seu desenvolvemento integral, individual e social.
- Crear un marco de pedagoxía activa que facilite a autonomía, o espíritu crítico-construtivo, a relación cos outros e o respecto e coidado do contorno natural.
- Favorecer un clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.
- Promover o desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais e físicas. - Favorecer a adquisición de actitudes de audacia, entusiasmo, afán de superación, esforzo,...
- Promover o traballo en equipo para acadar fins común.
-Facilitar a conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.

See you next Year!!!

Pois isto foi todo este verán.

Os nenos e nenas das diferentes semanas gozaron das actividades, das novas amizades,  da auga, do sol e do entorno natural que temos en Galén ao tempo que aumentaron a súa comprensión e capacidade comunicativa en inglés.

Agradecemos unha vez máis ás familias que confiasedes en Galén Centro Educativo para o tempo de lecer deste verán dos vosos fillos e fillas e esperamos vervos o ano que vén.

este blog seguirá aberto todo o ano para que poidades ver o ben que o pasamos e en canto teñamos novidades de novas actividades e aventuras aquí o contaremos.

Un saúdo e apertas a todos os nenos e nenas do Urban English Camp 2013!!

Last day in the Sea!!

E chegou o último día "on the sea!
Hoxe estivemos a preparar todo o da "party"!!!   Cociñamos  "octopus sausages" para despois merendar. Quedaron moi graciosas e logo comprobamos que ademais estaban moi boas.



Logo fixemos algúns xogos ao aire libre e  sol permitiu converternos en modelos de sombras coas que creamos un montón de figuras e animais mariños.




Despois de  "have lunch and free time"...





 ...chegou o esperado!!!!   We dress up with our octopus costume, fomos a cantar a nosa canción da semana, bailar uns cantos "hits" e gozar dos nosos amigos e amigas, cos xogos e da comida.






Foi un día estupendo e unha magnífica maneira de despedirnos de todas as  amizades que fixemos de novo, das nosas estupendas monitoras e do espazo natural no que tanto nos divertimos.

Dende Galén queremos agradecervos unha vez máis que nos escollerades para enriquecer estes días de verán e lecer dos vosos fillos e fillas e  esperamos vervos de novo por aquí. Foi un pracer.
E agora, a gozar das vacacións!!

Have good holidays!!

Every body into the water !!!

E chegou o gran día de  "SWIMINGPOOL"!!!!

...si, si hoxe por fin gozamos da auga, do sol e da compaña dos xeniais amigos e amigas que estamos a facer no campamento!!

Chegamos ao Club Fluvial e unha vez preparados....Á AUGAAAAAA!!!!

Mirade que ben o pasamos. A calor acompañounos e puidemos estar toda a mañá na aula: mergullándonos, deslizándonos polos tobogáns, nadando etc...
















Despois dun gran xantar con empanada, bocatas e melón estivemos "painting our nails"  e facendo "bracelets", trenzas para o pelo e "games" coas nosas monitoras.






Foi un día xenial e estamos desexando que chegue mañá...."a great party day"

See you soon! 






Que fresquiño se está "in the sea"

Outro día máis no fondo do mar!!
Hoxe propuxemonos facer o noso "acuarium" en 3D.  E coma semrpe procuramos facer os obradoiros con material de refugallo desta volta reutilizamos  unha caixa de zapatos. Coa pintura, plastilina e os nosos debuxos e creatividade quedou espectacular. Encántanos!!






Hoxe o rato do xogo libre foi do máis apetitoso: mirade as nosas pizzas e "cakes"!


Pola tarde, como ía tanta calor decidimos facer unha "Water Gymkana" con diferentes probas que superar e xogos de habilidade tratando sempre  que nos caeran unhas gotiñas de auga para poder refrescarnos. Foi divertidísimo.






Para despedir este xenial día limos o conto e marchamos  cansos/as....pero satisfeitos/as para as nosas casas.


See you tomorrow.

Segundo día "in the ocean"

Esta mañá imaxinamos o noso propio fondo do mar e con el rematamos a decoración "of our room"...a que nos quedou chulo??
No grupo dos grandes elaboramos algúns habitantes do "seabed", mirade, mirade....



Pensando na festa do venres fixemos un "octopus costume" empregando "plastic bags and lots of imagination"....quedou fantástico!!


E aproveitando o día estupendísimo de sol e calor fixemos "water games with slide". Refrescámonos e como non....divertímonos moitíiiiiisimo!!






See you soon.

Welcome to the seabed!!

Hellooooooo!!

Benvidos á terceira semana do English Summer Camp!!!! Esta semana  exploraremos o fondo do mar e convertirémonos en auténticos mergulladores/as na busca de novas e xeniais aventuras....
WELCOME TO THE SEA!!

Pola mañá chegamos todos e todas con moitas, moitísimas ganas de pasalo ben e coñecer novos amiguiños e amiguiñas....así que o primeiro foron xogos de presentación e contacto cos compañeiros/as de navegación.






Despois do almorzo xogamos ás estatuas e a "swimswim can we cross the river?"  Foi xenial e empezamos a coñecernos un chisquiño máis.





Repuxemos forzas con un riquísimo xantar...




... e despois do xogo libre na natureza tivemos un obraodoiro mariño:  fixemos "jellyfish" dentro dunha botella e  "tortoises" para decorar os nosos murais. Que bonito quedou e...todo con material de refugallo!!



E despedímonos ata mañá, con ganas de pasalo tan ben coma hoxe....ou mellor!!

See you tomorrow!!