Terceiro día no reino dos DINOSAURS

Ola!!!
que gran día tivemos hoxe, non paramos!

Comezamos facendo uns "binoculars" porque somos uns grandes exploradores e exploradoras. Fixómolos con material de refugallo e decorámolos para que quedasen "very beautiful"




Despois  empregámolos xogando na carballeira a "Hot or cold" buscando algúns "dinosaurs" que estaban moi ben agochadiños. Despois de atopalos puidemos cada un de nós agochalos para que os nosos compis os atopasen.


Almorzamos  e....unha nova aventura!!! Unha "Dinosaur race" correndo a coller o dinosaurio que nos pedían(the green one, the biggest one, the most beautiful one....)


After lunch-time pedímoslles ás nosas monitoras facer de novo xogos de auga. Onte foi tan tan espectacular a tarde e pasámolo tan ben que quixemos repetir!!

E xa para despedir o día, despois de tanta acción e auga, lemos un conto dun dinosaurio...................

E agora...a descansar e coller forzas para o gran día de mañá!!

See you tomorrow.






No hay comentarios:

Publicar un comentario