Segunda semana: Imos ao espazo!!

Benvidos todos e todas á segunda semana do campamento urbán!!
De novo estamos aquí para compartir con vós, lectores e lectoras, as aventuras e emocións que viviremos xuntos.
Recordade visitarnos cada día pois esto será como un diario.


E... chegamos ao espazo!
Foi entrar no campamento e ver todo o universo nunha parede. Esta semana divertirémonos máis aló do noso planeta, pero antes coñecemos a todos os nosos compañeiros e compañeiras con algún xogo no que diciamos o noso nome, o que nos gusta, etc...





Despois de coller forzas co xantar de hoxe chegou "an explorer with two astronauts" para facernos pensar como queriamos adentrarnos  ainda máis no espazo, así que decidimos facer unhas cabezas de "aliens" para poder convertinos facilmente neles. Foi moi pringoso e divertido!



Xogamos ao "chairs game" antes de ler o conto previo a irnos para a casa. Tivemos pouco tempo pero seguro que mañá nos deixan repetir.

See you tomorrow

No hay comentarios:

Publicar un comentario