Comezamos a 2º semana!!

Seguimos de campamento!! O luns 30 comezamos a segunda semana de Urban English Camp en Galén!!

Deixamos a xungla de Mogli e Baloo para viaxar nesta segunda semana ao divertido mundo dos piratas e indios da man das nosas monitoras-fadas dos contos para reescribir un novo  "Peter Pan". 

Para levar a cabo todas as cousas divertidas que faremos ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol.

É importante que levemos a roupa marcada, así poderemos evitar extravíos. E se necesitamos seguir unha dieta ou tomar algunha menciña somentes teremos que comunicalo, as nosas monitoras se encargarán de todo. 

Agardámosvos!!

Información de interese:



No hay comentarios:

Publicar un comentario