Comezamos a 3º semana!

Xa está todo listo para dar comezo o luns 7 a terceira semana de Urban English Camp en Galén!!

No fantástico reino dos contos os textos das historias están a desaparecer e as fadas dos contos-monitoras están en Galén coa misión de alimentar soños e imaxinación para que as vellas historias rexurdan. Os nenos e nenas sodes os encargados de recuperalos. 
Nesta terceira semana a nosa misión consistirá en recuperar o conto de "Jack e os feixós máxicos": xigantes, galiñas de ovos de ouro, e un mundo cheo de aventuras nos agardan.

Para levar a cabo todas as cousas divertidas que faremos ao longo da semana precisaremos roupa cómoda, calzado tipo deportivo, gorra ou sombreiro e todos os días unha mochila provista de toalla, chanclas, dous traxes de baño e crema para o sol.

É importante que levemos a roupa marcada, así poderemos evitar extravíos. E se necesitamos seguir unha dieta ou tomar algunha menciña somentes teremos que comunicalo, as nosas monitoras se encargarán de todo. 

De seguro que o pasaremos moi ben!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario