Un día de festa!!

E chegou o final!!
Que rápido pasou a semana!!!

Estivemos tan ocupados, fixemos tantas cousas e divertímonos tanto que o tempo pasou voando. E tocou despedirse pero coa esperanza de que axiña nos veremos.

Hoxe cociñamos gominolas, fixemos unha xincana divertidísima e preparamos a festa de despedida con máis xogos e máis diversión. Non faltou o castelo que tanto nos gusta nin as lambetadas e refrescos.

Foi unha semana fantástica, mesmo o tempo regalounos días luminosos e temperaturas moi agradables. Aprendemos moitas cousas en ingles e o usamos con moita naturalidade á hora de pedir cousas e comunicarnos coas nosas monitoras.

Mirade que ben o pasamos!!!




sweet beans 2






Festa


Agradecemos sinceramente a todas as familias a confianza depositada en Galén para o tempo de lecer e as actividades de verán dos seus fillos e fillas.

Foi un pracer para nós compartir este tempo con vós.

Esperamos vervos pronto, a semana que vén, ou se cadra, o próximo verán.

See you soon!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario