Last and Party Day!!

Hoxe chegamos ao campamento con unha mestura entre emoción e un chisquiño de pena por ter que despedirnos, mais con toda a actividade que tivemos hoxe finalmente foi un día fantástico "of course".

Comezamos o día facendo unha "special surprise" para Nico pois hoxe para el o día si que era superspecial...o seu "BIRTHDAY!!!.

E despois seguimos mans á obra preparando os "costumes" para a "party" de despedida da tarde, unhas "clouds" chulísimas.

disfraces 1 disfraces 2 disfraces 3 

Despois do "breakfast"  xogamos a crear "imaginary stories" utilizando os "story cubs" e diferentes "props" (uns dados con imaxes diferentes que segundo nos van saíndo temos que ir incorporándoos á historia. É un xogo moi chulo que potencia moito a imaxinación e  axúdanos a aprender palabriñas en inglés)


story cubs

E o momento máis especial chegou despois do xantar, cando xa todos caracetrizados coma nubes pintamos as nosas "faces" e....PARTY TIME!!!

festa 1 Cantámoslle a Nico "Happy Birthday", soplou as candeas, comemos as xelatinas que preparamos o mércores, merendamos e...saltamos na colchoneta para celebrar o noso derradeiro día na "water week" e para despedirnos ata o ano que vén.

festa 2 festa 3 festa 4 festa 5 festa 6 Agora é tempo de vacacións. Esperamos que as vosas expectativas se cumprisen amplamente e esperámosvos aquí o vindeiro verán.

SEE YOU NEXT YEAR!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario