Urban English Camp. 6-10 de xullo

Estamos a piques de iniciar unha terceira semana no Urban English Camp Galén e temos moitas ganas de coñecervos aos novos aventureiros e aventureiras e de reencontrarnos cos que xa estivestes con nós.  O luns empeza a aventura!!


Recordade traer roupa cómoda e fresquiña que vos faciliten os xogos e actividades tendo en conta que nos moveremos por un entorno natural con herba, árbores, terra..... Ademais cada día traede unha MOCHILA con chanclas, crema para o sol (moi importante), dous traxes de baño, toalla e gorra.
E...por que todos os días?? pois porque ademais do xoves que será o día de piscina os outros días, cando fai moita calor e sol, facemos xogos de auga, ximcanas acuáticas.....
Esta mochila, se non a precisades, quedará no campamento para o día seguinte  se a roupa está seca. Cando estea mollada levarémola para casa e ao día seguinte volveremos a traela.

Deixámosvos aquí a rota do bus coas paradas e as horas aproximadas polas que pasaremos a recollervos, e tamén o menú da semana.

Esperámosvos o Luns!!! vide cargadiñas de enerxíaaaaa!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario