First day in ASIA!!!

Ola a todos e todas. Comezamos a nosa viaxe ao redor do mundo con encontros, novas amizades e de moita ilusión por descubrir o que nos depara esta semana. 
A nosa viaxe é cara a ASIA!!!!

Mapas

Comezamos o día presentándonos cuns "greeting games" que nos axudaron a tomar contacto e a coñecernos. Aprendemos cancións "in english" e tamén coñecimos e recordamos as "routines" que vamos a levar a cabo durante esta semana e que nos axudarán a organizarnos e a saber que cousiñas temos que ir facendo cada día.


xogando xuntos

Despois do "breakfast" fixemos actividades relacionadas coa cultura asiática e construímos uns "japanese windsocks" que nos quedaron chulísimos.

almorzo

Pola tarde gozamos do día de sol no bosque compartindo xogos "in english".


comedortobogán

Á tardiña fixemos o noso LOG BOOK no que recollemos o que máis nos gustou do día. 
Cando remate a semana compartirémolo con vós.
Logbook
Mañá continúa a nosa aventura. Xa vos contamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario