Friday, last day in Asia

Ola!!!

Hoxe ao chegar ao campamento tivemos unha gran sorpresa. Alí estaba a esperarnos o "gigant asian dragon".
dragóns Pasamos a mañá entre preparar o noso "dragon costume" para a party de pola tarde e cociñamos "Asian sushi" para degustalo na nosa festa.
Dragon cresta dragon cociñamos cociña Tamén nos deu tempo a ir á Carballeira a comprobar se os dragons comeran o que lles deixaramos o día anterior.
carballeira Pola tarde foi unha festa moi divertida na que gozamos do castelo inchable, dos "henna hands", da comida, xogamos.....

festa1 festa 2 festa 3 E nos despedimos dunha semana da que gozamos intensamente e da que nos levamos novos amigos e amigas e moitas e boas experiencias.
Deixamos atrás Asia e nos preparamos para descubrir América a vindeira semana.
Bicos mil!!

Thursday... Swimming-pool!!!

Ola a todos!

Hoxe pasamos todo o día na piscina do Clube Fluvial. Chegamos cediño e deunos tempo a xogar un rato e almorzar antes de bañarnos.

almorzo
 Pasamos moito tempo na auga, saltando, nadando, e tirándonos polos tobogáns! Que emocionante!

tobogáns
auga
piscina fluvial Rá
 Tiñamos moita fame e xantamos de marabilla á sombriña, bocatas, empanada e sandía....

Despois de xantar estivemos facendo xogos.

Xoves columpiuos Jueves galén
Ata mañá!!

Wednesday in Asia...

Hoxe foi un día divertidísimo....

Comezaron os Samurais e os Buddas facendo The Mandala outside in the Carballeira, e os Pandas e Dragons estiveron co logbook.

miercoles 1º hora
Almorzamos fora como todos os días e despois de almorzar tres amigos fixeron un show de Asian Dance for everyone.
break miercoles
Tamarindos
Máis tarde, e finalizado isto, Pandas e Samurais tasted Tamarindo Fruit, and Buddas e Dragons made Origami...... cats, dogs.... Despois rotaron.


Despois do xantar completamos o logbook, fixemos Yoga, construímos Pagodas e decoramos o noso RED ASIAN DRAGON.

Actividades tarde miercoles
Tarde miércoles
E mañá.... Swimming pool!!!
Bicos a todos

.... We continue with our trip in ASIA. 2nd DAY!!!

Comezamos o día, watching "The four dragons" e cantamos a canción "Hello to all the children of the world".


Saímos e we had breakfast mentras buscabamos o "Asian Dragon" fóra.

Mentras algúns estivemos a debuxar nos logbooks, outros went out to create mandalas. Usamos os mandalas para reactivar a enerxía dos dragóns.

martes 1º hora

Caritas patio martes
We collected leaves, feathers, sticks.... descubrimos os "dragons lair" onde había comida gardada para que os dragóns pasaran o inverno.


Martes juegos xogos de auga 1
Pola tarde disfrutamos moitísimo cos xogos de auga...

juegos de agua 2 martes
E mañá máis.....

First day in ASIA!!!

Ola a todos e todas. Comezamos a nosa viaxe ao redor do mundo con encontros, novas amizades e de moita ilusión por descubrir o que nos depara esta semana. 
A nosa viaxe é cara a ASIA!!!!

Mapas

Comezamos o día presentándonos cuns "greeting games" que nos axudaron a tomar contacto e a coñecernos. Aprendemos cancións "in english" e tamén coñecimos e recordamos as "routines" que vamos a levar a cabo durante esta semana e que nos axudarán a organizarnos e a saber que cousiñas temos que ir facendo cada día.


xogando xuntos

Despois do "breakfast" fixemos actividades relacionadas coa cultura asiática e construímos uns "japanese windsocks" que nos quedaron chulísimos.

almorzo

Pola tarde gozamos do día de sol no bosque compartindo xogos "in english".


comedortobogán

Á tardiña fixemos o noso LOG BOOK no que recollemos o que máis nos gustou do día. 
Cando remate a semana compartirémolo con vós.
Logbook
Mañá continúa a nosa aventura. Xa vos contamos.

Let´s go!!! On monday we Start

Hello!!!
As monitoras e monitores estamos desexando que chegue xa o luns pois empezamos a primeira semana de aventuras no Urban English camp.

Xa todas as familias recibistes no voso mail a información precisa para comezar.
Aqui vos deixamos a rota do bus e o menú desta primeira semana.



As paradas da rota son:

- Fogar de Santa María     9.30
- Porta de Santiago
- C/Vilalba
- Ramón Ferreiro, Anexa
- Avda. Magoi,2 (costa) 
- Avda. Magoi (Gadis)     
- Avda. Madrid (enfrente á Morrigan)
- San Roque (Xardín)
- Ronda da Muralla, 25 (Arenal)
- Ronda da Muralla (sindicatos)
- Avda. da Coruña (Charol) 
- Avda. da Coruña (Casablanca)
- C/ Tui (Supermecado Pintor)
- Galen                       10.00

See you on Monday!!!!

Urban Engllish Camp 2016



.
Como en anos anteriores organizamos os campamentos urbanos de verán. O inglès é a lingua das nosas actividades para o que contamos con monitores e monitoras bilingües.
Quendas 2016:
- 27 de xuño  a 1 de xullo.
- 4 a 8 de xullo.
- 11 a 15 de xullo.
- 18 a 22 de xullo.
 
Galén organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de verán, coa fin de colaborar no desenvolvemento integral dos máis pequenos, tamén, durante os seus momentos de ocio.
Cada verán preparamos un programa de actividades moi divertidas, nas que os rapaces e rapazas son os protagonistas activos das mesmas, e nas que se fan novas amizades, mentres se comparten emocionantes experiencias de xogo e descubrimento do contorno.
Galén está situado nun contorno natural inmellorable, o que facilita o desenvolvemento de actividades na natureza, deportivas e de investigación, como eixe vertebral dos nosos campamentos urbanos.
Outra das características dos nosos campamentos é a de contar co English Club, que durante todo o ano favorece a integración do inglés  de xeito lúdico e vivencial, e que durante o tempo estival facilita a posibilidade de xogar e practicar inglés gozando do tempo de lecer.
Entendemos a necesidade dunha educación para o ocio e o tempo libre programada e  axeitada, que ofreza actividades enriquecedoras e posibilitadoras de aprendizaxes culturais e sociais e que contribúa ao desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas, un punto de encontro para nenos e nenas entre 3 a 9 anos.
Os grupos de actividades divídense por idades, o que permite un deseño específico das actividades segundo os intereses e motivacións concretas de cada grupo.
Os educadores e educadoras que están en contacto cos vosos fillos e fillas, contan con titulación específica e  gran experiencia dentro do ámbito educativo. Pero é o equipo educativo do centro o que coordina e facilita cada unha  das actividades que se realizan dentro da nosa escola, no contorno ou durante as diferentes saídas que se realizan.
O horario do campamento é de 10:00 a 17:00, de luns a venres. Tamén contamos cun servizo de ampliación horaria de 9:00 a 10:00, asistido por persoal educativo que recibe aos nenos e nenas e promove actividades lúdico-afectivas ata o comezo das actividades propias do campamento.
  Temos servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado, na medida do posible, ás necesidades daqueles que o solicitan e asistidos por azafatas de Galén.
Como é sabido Galén conta cun  servizo de comedor con persoal e cociña propia. A programación de menús equilibrados faise semanalmente  pensando e adaptándose ás necesidades  das/os  máis pequenas/os. Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais para casos de alerxias ou intolerancias.
Todo esto permítenos:
- Ofertar un tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que favoreza a satisfacción e goce de cada un dos nenos/as que forman os grupos fomentando o seu desenvolvemento integral, individual e social.
- Crear un marco de pedagoxía activa que facilite a autonomía, o espíritu crítico-construtivo, a relación cos outros e o respecto e coidado do contorno natural.
- Favorecer un clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.
- Promover o desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais e físicas. - Favorecer a adquisición de actitudes de audacia, entusiasmo, afán de superación, esforzo,...
- Promover o traballo en equipo para acadar fins común.
-Facilitar a conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.