Third day In the underground World

Comezamos o día vendo un video dun vermiño moi simpático "Robby never give up". Logo lembramos a nosa "song" da semana "Herman the worm". Isto nos levou a crear cunhas pelotas de ping-pong e un calcetín unha "puppet" que cada neno e cada nena personalizou ao seu gusto.Logo coa nosa "worm-arioneta" xogamos ata a hora do almorzo.
Despois de almorzar, os maoires fixemos un xogo de "insects hunt". Aproveitando o bo tempo e o nosa contorna natural convertémonos en expertos entomólogos e fomos á búsqueda dos exemplares que habitan o ecosistema de Galén. Os máis peques engadimos outro piso ao noso "bug hotel". Despois convertémonos en insectos que vivían na carballeira.Uns eramos insectos tímidos que se agochan, outros rápidos voadores, outros lentos e durmiñóns...
Xa despois de xantar os maiores fixemos unha "gymkhana" con xogos de relevos e algunha proba pasada por auga.
 Mentres no outro grupo estivemos observando e comprobando como se establecen as capas da terra. Cal foi a nosa sorpresa cando uns"elements" soben á superficie e outros permanecen abaixo. Como a terra mesma! E logo fixemos o cambio, os peques fomos de xincana e os maiores sacamos o noso lado científico  e descubrimos como funciona a sedimentación creando unha "sediment in a bottle experiment" .


Foi un día cargadiño de cousas interesantes e divertidas e mañá máis.
Recordade, mañá imos á piscina!

No hay comentarios:

Publicar un comentario