Welcome to the Underground World

Hoxe foi o noso primeiro e gran día no Urban English Camp e queremos compartir con vós as nosas vivencias e emocións.

Comezamos o día coñecéndonos, facendo xogos de grupo nos que ir aprendendo os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras de aventura. Foi divertido aínda que algún de nós estivemos nos primeiros momentos algo reservados. Ao longo do día fómonos sentindo cada vez máis contentos e participativos.
5 Como sabedes esta primeira semana adicámola ao mundo subterráneo e para irnos introducindo no tema empezamos pintando diferentes "insects" do "underground world".

A mañá pasouse voando e despois dun pequeno almorzo a media mañá,  pasámolo xenial creando o noso particular "carterpillar" os máis pequechos e unha variedade inmensa de "diferente insects" os maiores....e todo elo a partires dunha caixa de ovos.

1ºdía 2 1ºdía 1 1 2 3 4 Despois de xantar e xogar no patio fomos todos xuntos ao "forest" para comezar a construír o "insect hotel" Si, si, como ledes!!! estamos a construírlle aos insectos e animais varios do bosque un lugar onde aniñar, onde vivir agustiño e que así queden con nós moito tempo e poidamos despois observalos e aprender moitas cousas deles.
E estaredes preguntándovos como se fai iso???? Pois empezamos por recoller no "forest" moitos elementos naturais: "sticks" e "leaves" Ademais fixemos un acolchadiño con "straw" para os cementos deste gran hotel que remataremos a finais da semana.
1º día 6 1º día 5 1º día 4 1º día 3
Rematamos o día tan intenso con un conto "Supergrow" e marchamos para a casiña cansos de telo pasado moi ben e con ganiñas de volver mañá a descubrir novas aventuras.

See you tomorrow!!



1 comentario: