Welcome to The Forest!!

O día de hoxe foi moi especial tanto para os que repiten como para as novas caras que veñen a divertirse con nós ao Urban English Camp.
Esta semana imos adentrarnos no mundo máxico do "forest" porque nos bosques podemos atoparnos moitas cousas que nos poden sorprender!!!
Comezamos coñecéndonos cuns "greeting games" que axudan a romper o xeo aos recen chegados e a afianzar relacións para os que xa repetimos esta semana.
Tamén nos puxemos mans á obra, nunca mellor dito, e creamos "painted flowers" coas nosas "hands" e témperas. Así decoramos os marabillosos murais que enchen esta semana as paredes das nosas aulas.

1
2

3
4 5 6 7 8 Despois de xantar e xogar no patio fixemos uns "bird feeders" con materiais de refugallo para que os paxariños se acerquen onda nós e podamos observalos. Esperemos que lles gusten, pois puxemos todo o noso empeño en decoralos!

COMEDEIROS1 COMEDEIROS2Tamén recollimos "natural elements" para unha actividade que faremos mañá....non conto máis pra que sexa unha verdadeira sorpresa!!!

See you tomorrow!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario