Último día no "Underground world"

Comezamos o día vendo novos videos de insectos que nos sumerxen nunha nova xornada no "untherground world". Tamén cantamos a nosa canción da semana "Herman the Worm".
Decidimos transformarnos en bechiños cunhas "headbands" con grandes ollos e unhas longuísimas "antenae" que nós mesmos decoramos e pintamos asemellándonos ao insecto que máis nos gusta.



BICHOS1
BICHOS2



Despois do almorzo cociñamos unhas deliciosísimas "cookies" de "chocolate and crips".Uns pequenos pedaciños de terra "rocks and sediments"!!!


ROCAS1


ROCAS2
Despois de xantar e xogar no patio, pintamos as nosas "faces" debuxando un "caterpillar" para convertirnos de novo en bechiños e ir  celebrar a FESTA de despedida da semana comendo as nosas "cookies", que nos sairon deliciiiiiosasss! Tamén había patacas, zumiños e snaks variados. E para rematar fixemos unha carreira cos nosos "worms".

FESTA1
festa2
Foi unha semana.... FANTÁSTICA! Pasámolo xenial! Esperámosvos a próxima semana donde vos esperan fabulosas aventuras.

Swiming Pool Day!!

Today it was an amazing day!!! Yes yes, we had a great time!

Pasámolo en grande nas instalacións do Club Fluvial xogando coa auga e a area e gozando de momentos moi especiais coas nosas monitoras e amiguiñas e amiguiños. Aquí vedes a Judit e Amanda...."they are so cool".
monitoras
Unha mañá chea de "water games", con "water slides" de moitas formas e cores "frogs", "octopus"... polos que tirarnos e refrescarnos nun día caloroso que permitíu que puidesemos pasar toooooda a mañá na auga.
pisci1 pisci2

E como xa sabedes, a auga fai que teñamos mooooita fame. Así que....a xantar de "picnic" na sombriña a rica empanada, os bocatas e a "delicious water melon" que ademais nos refrescou moito.
picnic1 water melon

Cargadiñas as pilas despois do xenial "picnic" retomamos os "games" e gozamos do parque.
parque1 parque 2 Ademais de decorar as nosas unllas con "varnish nails" de mooooitas cores. Mirade mirade:
pintauñas

O día pasouse voando e marchamos para a casa "very tired but very happy" con ganísimas de volver mañá e rematar a semana con moitas sorpresas.
 Vémonos aquí de novo!!!

Third day In the underground World

Comezamos o día vendo un video dun vermiño moi simpático "Robby never give up". Logo lembramos a nosa "song" da semana "Herman the worm". Isto nos levou a crear cunhas pelotas de ping-pong e un calcetín unha "puppet" que cada neno e cada nena personalizou ao seu gusto.Logo coa nosa "worm-arioneta" xogamos ata a hora do almorzo.
Despois de almorzar, os maoires fixemos un xogo de "insects hunt". Aproveitando o bo tempo e o nosa contorna natural convertémonos en expertos entomólogos e fomos á búsqueda dos exemplares que habitan o ecosistema de Galén. Os máis peques engadimos outro piso ao noso "bug hotel". Despois convertémonos en insectos que vivían na carballeira.Uns eramos insectos tímidos que se agochan, outros rápidos voadores, outros lentos e durmiñóns...
Xa despois de xantar os maiores fixemos unha "gymkhana" con xogos de relevos e algunha proba pasada por auga.
 Mentres no outro grupo estivemos observando e comprobando como se establecen as capas da terra. Cal foi a nosa sorpresa cando uns"elements" soben á superficie e outros permanecen abaixo. Como a terra mesma! E logo fixemos o cambio, os peques fomos de xincana e os maiores sacamos o noso lado científico  e descubrimos como funciona a sedimentación creando unha "sediment in a bottle experiment" .


Foi un día cargadiño de cousas interesantes e divertidas e mañá máis.
Recordade, mañá imos á piscina!

Second day In the underground World

Hoxe regresamos ao Urban English Camp con moitas ganas de saber que sorpresas nos agardaban e de reencontrarnos cos amiguiños e amiguiñas.

Comezamos o día vendo uns divertidísimos videos acerca dos "insects" e as súas características. Ademais de un video titulado "Herman the Worm" onde aprendimos a canción para este bechiño gracioso que acompañamos con xestos e baile especial de vermiño.
4 Con esta inspiración rematamos os "caterpillars" e os "insects"  que onte empezamos e... xogamos con eles a facer carreiras!  Foi divertidísimo.
2 1 3 A media mañá almorzamos e tivemos tempo de xogo libre para despois poñernos mans á obra e creamos un espazo o máis similar posible ao "underground world"...veredes!!

Con dous terrarios fixemos os "layers" de terra usando "sand", "soil",  "dry leaves"and "compost with WORMS"!! que ilusión nos fixo descubrir que no medio daquela terra que non ulía moi ben atopábanse moitos vermiños.

Terrarios2 Terrarios3 terrarios1 A tarde foi tamén moi emocionante e ....MOLLADA!! si, si. Fixemos "watergames". 
Primeiro xogos de relevos nos que entre todas e todos, e co traballo en equipo, tiñamos que conseguir trasvasar auga duns caldeiros a outros con esponxas sen perder moita auga polo camiño....
"so dificult" pero moi moi divertido. 
Para finalizar estivemos xogando no "water slide" para rematar o día cansos pero moi contentos e contentas e con ganas de volver mañá a pasalo tan ben coma hoxe...ou mellor!!!

xogos auga 2 xogos auga 3 xogos auga 1
See you tomorrow


Welcome to the Underground World

Hoxe foi o noso primeiro e gran día no Urban English Camp e queremos compartir con vós as nosas vivencias e emocións.

Comezamos o día coñecéndonos, facendo xogos de grupo nos que ir aprendendo os nomes dos nosos compañeiros e compañeiras de aventura. Foi divertido aínda que algún de nós estivemos nos primeiros momentos algo reservados. Ao longo do día fómonos sentindo cada vez máis contentos e participativos.
5 Como sabedes esta primeira semana adicámola ao mundo subterráneo e para irnos introducindo no tema empezamos pintando diferentes "insects" do "underground world".

A mañá pasouse voando e despois dun pequeno almorzo a media mañá,  pasámolo xenial creando o noso particular "carterpillar" os máis pequechos e unha variedade inmensa de "diferente insects" os maiores....e todo elo a partires dunha caixa de ovos.

1ºdía 2 1ºdía 1 1 2 3 4 Despois de xantar e xogar no patio fomos todos xuntos ao "forest" para comezar a construír o "insect hotel" Si, si, como ledes!!! estamos a construírlle aos insectos e animais varios do bosque un lugar onde aniñar, onde vivir agustiño e que así queden con nós moito tempo e poidamos despois observalos e aprender moitas cousas deles.
E estaredes preguntándovos como se fai iso???? Pois empezamos por recoller no "forest" moitos elementos naturais: "sticks" e "leaves" Ademais fixemos un acolchadiño con "straw" para os cementos deste gran hotel que remataremos a finais da semana.
1º día 6 1º día 5 1º día 4 1º día 3
Rematamos o día tan intenso con un conto "Supergrow" e marchamos para a casiña cansos de telo pasado moi ben e con ganiñas de volver mañá a descubrir novas aventuras.

See you tomorrow!!



Queda pouco para comezar a aventura 2015!!

As nosas monitoras están xa a preparar as aventuras destas cinco semanas do Urban Summer Camp.
Xa somos moitos nenos e nenas os que estamos con ganas de comezar e con moitas expectativas postas pois para nós o verán é un tempo de lecer, de novas amizades, de auga e natureza.....

Aínda estades a tempo de apuntarvos!!! Animádevos que vai ser unha experiencia do máis chula.

Xa temos os temas que inspirarán as cinco semanas de campamento.

1ª semana- do 22 ao 26 se xuño - THE EARTH and the underground World
2ª semana-do 29 de xuño ao 3 de xullo - THE AIR
3ª semana-   do 6 ao 10 de xullo-THE FOREST
4ª semana- do 13 ao 17 de xullo-THE WATER
5º semana- do  20 ao 24 de xullo- THE FIRE




Se queredes ampliar información pinchade aquí:  VERÁN 2015

We can not wait to see you!!! SEE YOU SOON.


Verán 2015




Como en anos anteriores organizamos os campamentos urbanos de verán. O inglès é a lingua das nosas actividades para o que contamos con monitores e monitoras bilingües.
Quendas 2015:
- 22 a 26 de xuño.
- 29 xuño a 3 de xullo.
- 6 a 10 de xullo.
- 13 a 17 de xullo.
- 20 a 24 de xullo.

Galén organiza campamentos de verán para nenos e nenas durante os meses de verán, coa fin de colaborar no desenvolvemento integral dos máis pequenos, tamén, durante os seus momentos de ocio.
Cada verán preparamos un programa de actividades moi divertidas, nas que os rapaces e rapazas son os protagonistas activos das mesmas, e nas que se fan novas amizades, mentres se comparten emocionantes experiencias de xogo e descubrimento do contorno.
Galén está situado nun contorno natural inmellorable, o que facilita o desenvolvemento de actividades na natureza, deportivas e de investigación, como eixe vertebral dos nosos campamentos urbanos.
Outra das características dos nosos campamentos é a de contar co English Club, que durante todo o ano favorece a integración do inglés  de xeito lúdico e vivencial, e que durante o tempo estival facilita a posibilidade de xogar e practicar inglés gozando do tempo de lecer.
Entendemos a necesidade dunha educación para o ocio e o tempo libre programada e  axeitada, que ofreza actividades enriquecedoras e posibilitadoras de aprendizaxes culturais e sociais e que contribúa ao desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas, un punto de encontro para nenos e nenas entre 3 a 9 anos.
Os grupos de actividades divídense por idades, o que permite un deseño específico das actividades segundo os intereses e motivacións concretas de cada grupo.
Os educadores e educadoras que están en contacto cos vosos fillos e fillas, contan con titulación específica e  gran experiencia dentro do ámbito educativo. Pero é o equipo educativo do centro o que coordina e facilita cada unha  das actividades que se realizan dentro da nosa escola, no contorno ou durante as diferentes saídas que se realizan.
O horario do campamento é de 10:00 a 17:00, de luns a venres. Tamén contamos cun servizo de ampliación horaria de 9:00 a 10:00, asistido por persoal educativo que recibe aos nenos e nenas e promove actividades lúdico-afectivas ata o comezo das actividades propias do campamento.
  Temos servizo de transporte cun percorrido amplo, adaptado, na medida do posible, ás necesidades daqueles que o solicitan e asistidos por azafatas de Galén.
Como é sabido Galén conta cun  servizo de comedor con persoal e cociña propia. A programación de menús equilibrados faise semanalmente  pensando e adaptándose ás necesidades  das/os  máis pequenas/os. Elabóranse dietas específicas puntuais e menús especiais para casos de alerxias ou intolerancias.
Todo esto permítenos:
- Ofertar un tempo de lecer diferente ao da vida cotiá, que favoreza a satisfacción e goce de cada un dos nenos/as que forman os grupos fomentando o seu desenvolvemento integral, individual e social.
- Crear un marco de pedagoxía activa que facilite a autonomía, o espíritu crítico-construtivo, a relación cos outros e o respecto e coidado do contorno natural.
- Favorecer un clima de confianza e comunicación interpersoal cos iguais e cos adultos.
- Promover o desenvolvemento de aptitudes sensoriais, manuais e físicas. - Favorecer a adquisición de actitudes de audacia, entusiasmo, afán de superación, esforzo,...
- Promover o traballo en equipo para acadar fins común.
-Facilitar a conciliación laboral-familiar nos meses vacacionais escolares.