Funny Swimming pool day!!

A xornada de hoxe foi fantástica. Pasamos o día na "swimming pool" xogando e nadando. Tamén lle demos un pouco de emoción ao tirarnos polo "water slide". Logo de toda a mañá na piscina, "at the end of the morning" cansamos un pouco así que fomos para as "towels" a secarnos e deitarnos un anaco a descansar para máis tarde "have lunch". Despois de xantar xogamos no parque, fixemos "bracelets and necklaces" e incluso "plaits" para o cabelo. Como non podía ser de outro xeito, tivemos unha "nail painting session".

Foi un día fabuloso. Agora a descansar que mañá rematamos esta divertida semana.

See you tomorrow.

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11

Wednesday in the forest!

Vaia día o de hoxe !!! 
Adentrámonos nas profundidades do "forest" e fixémonos exploradores recolectores gozando dunha pequena "route" para observar dende dentro "trees" e a "nature". Poidemos ver diferentes "insectos" e outros elementos da natureza e aprobeitamos para "collect" e encher a nosa paleta do bosque. 
Que poñemos na nosa paleta ??? ... Pois diferentes "leaves and elements of nature". 
Logo coas nosas monitoras descubrimos as diferentes árbores que estan presentes nos nosos "woods" como o "oak tree" que nos da ese froito tan coñecido  ... a Landra !! 
E como vedes algún animaliño ate se animou a saudanos  de cerca.
6
1 2 3 4 5
Despois de repoñernos da camiñata cun bo xantar e de xogar un rato no patio fixemos uns "super cool necklaces" con madeira , folliñas e "flowers"

COLGANTES
E mañá espéranos a swimming pool!!!! Recordade traer todo o necesario.
See you tomorrow.

Second Day in the FOREST

Comezamos o día vendo uns vídeos relacionados coa "nature" e "forest". Logo puxémoslle un toque de música cantando a canción da semana: " I love nature".

Unha vez que os nosos corpos estaban "armonizados" rematamos os "birds feeders" debuxando e poñendo os "eyes" e as "feathers" para as "wings".



Despois do "breakfast" adicámonos a "collect natural elements" e a facer outras dúas "layers" do "big hotel".

hotel 1
buscando1 buscando 3 buscando 2

 Logo de recuperar folgos co xantar fixemos "water games". Deslizámonos polo "slide" e fixemos "relay games".

auga 6 auga 5 auga 4 auga 3 auga 2 auga 1 agua 7 auga 8 auga 9

Foi un día moi intenso.

Mañá máis.

Welcome to The Forest!!

O día de hoxe foi moi especial tanto para os que repiten como para as novas caras que veñen a divertirse con nós ao Urban English Camp.
Esta semana imos adentrarnos no mundo máxico do "forest" porque nos bosques podemos atoparnos moitas cousas que nos poden sorprender!!!
Comezamos coñecéndonos cuns "greeting games" que axudan a romper o xeo aos recen chegados e a afianzar relacións para os que xa repetimos esta semana.
Tamén nos puxemos mans á obra, nunca mellor dito, e creamos "painted flowers" coas nosas "hands" e témperas. Así decoramos os marabillosos murais que enchen esta semana as paredes das nosas aulas.

1
2

3
4 5 6 7 8 Despois de xantar e xogar no patio fixemos uns "bird feeders" con materiais de refugallo para que os paxariños se acerquen onda nós e podamos observalos. Esperemos que lles gusten, pois puxemos todo o noso empeño en decoralos!

COMEDEIROS1 COMEDEIROS2Tamén recollimos "natural elements" para unha actividade que faremos mañá....non conto máis pra que sexa unha verdadeira sorpresa!!!

See you tomorrow!!


Urban English Camp. 6-10 de xullo

Estamos a piques de iniciar unha terceira semana no Urban English Camp Galén e temos moitas ganas de coñecervos aos novos aventureiros e aventureiras e de reencontrarnos cos que xa estivestes con nós.  O luns empeza a aventura!!


Recordade traer roupa cómoda e fresquiña que vos faciliten os xogos e actividades tendo en conta que nos moveremos por un entorno natural con herba, árbores, terra..... Ademais cada día traede unha MOCHILA con chanclas, crema para o sol (moi importante), dous traxes de baño, toalla e gorra.
E...por que todos os días?? pois porque ademais do xoves que será o día de piscina os outros días, cando fai moita calor e sol, facemos xogos de auga, ximcanas acuáticas.....
Esta mochila, se non a precisades, quedará no campamento para o día seguinte  se a roupa está seca. Cando estea mollada levarémola para casa e ao día seguinte volveremos a traela.

Deixámosvos aquí a rota do bus coas paradas e as horas aproximadas polas que pasaremos a recollervos, e tamén o menú da semana.

Esperámosvos o Luns!!! vide cargadiñas de enerxíaaaaa!!




Party Day in the Air!!

Hoxe foi día de peche de semana, de ciclo, de tema "the Air" e por suposto día de mooooitas emocións.

Comezamos o día "watching" 2videos que nos inspiran o noso tema: "Wind" e "Digger Joe". Encantáronnos!! Despois practicamos "the song" co video "Up, up, up" e estivemos a bailar e cantar "a lot".
Esta foi unha actividade xenial para activarnos e coller enerxías para preparar os nosos disfraces para a "party"da tarde ....e...MANS Á OBRA: cortar, pegar e reutilizar coma sempre. A finalidade era construír uns disfraces de "birds" coas súas "wings" a partires de bolsas do lixo e papeis de cores.
DISFRAZ1 DISFRAZ2 making costumes E continuamos a mañá cos preparativos. Desta volta "time for cooking!!". E mirade, mirade que precioso "balloon" fixemos a partires de froitas de diferentes cores e sabores. Estaba "delicious".
COSIÑANDO1 COSIÑANDO2 COSIÑANDO3 Foi unha mañá moi atarefada. Despois do xantar repoñedor, do tempo de descanso e xogo na carballeira disfrazámonos e empezou a "party": merenda con "snaks" e zumes, comemos o noso "fruit balloon" fixemos algunhas "giant bubbles" e....como non...xa que era a semana do aire estivemos "jumping and playing" no  "castle".
Costumes1 colchoneta 1 party Xogamos, cantamos, aprendemos inglés, gozamos da natureza e fixemos amigos e amigas especiais. Algúns despedímonos con unha mestura de emocións entre ledicia e algo de pena por rematar a experiencia e outros estamos desexosos de que chegue o luns para os posibles reencontros e atopar novas amizades.

Grazas a todas e todos por facernos pasar unha semana xenial. E grazas ás familias por confiar en Galén para estas semanas especiais de verán.

Vémonos a semana...ou o verán que ven.!!!!  SEE YOU SOON!!!